sábado, 16 de abril de 2011

RASTRO SOLIDARIO 2011





Como xa ven sendo unha tradición no noso centro, o pasado venres 15 de abril de 2011 organizamos unha xornada de Rastro Solidario. Alumnado, profesorado e familias visitaron o rastro, organizado por diferentes mostradores situados no edificio de secundaria onde se exhibían diferentes obxectos para a súa venda. Tras esta intensa xornada, onde se efectuaron numerosas compras e adquisicións, fixemos o reconto... Entre a venta de obxectos e unha caixa de donativos acadamos a cantidade de


930 euros con 44 céntimos.


Estes cartos serán destinados a un proxecto de educación para o desenvolvemento. A través desta actividade de sensibilización todos os nenos e nenas, así como as súas familias, comprenderemos que dándolle un novo uso a todos aqueles obxectos que acumulamos nas nosas casas podemos contribuír a mellorar as condicións de moitos outros nenos e nenas do planeta que viven en países empobrecidos. Grazas de novo pola vosa colaboración...

34 comentarios:

  1. A verdade e que sobran as palabras para darvos a noraboa por todas as actividades que estades a facer. Todos os centros deberían de tomar nota do que facedes e tomar exemplo. De novo os meus parabéns.

    ResponderEliminar
  2. jacqueline lopez perez2 de mayo de 2011, 10:19

    O pasado día 15 de abril de 2011 realizouse no noso colexio o C.P.I . Virxe da cela outro ano mais un rastro solidario moi exitoso.
    O rastro comezou as 9:45 e rematou as 16:00 aproximadamente. Foise seguindo unha orde para mercar e que os nenos mais pequeniños puideran mercar foron de primeiro el logo foise seguindo x cursos ata a hora do recreo que xa comezou a compra libre, e dicir, todos xuntos.
    Este ano recadáronse 930, 44 euros no rastro e aínda queda por poxar unha táboa de windsurf que fará ascender esta cantidade.
    Esperemos que estes cartos cheguen para realizar os nosos propósitos e esperemos que o ano que ven se repita este rastro e poidan recadar esta suma de diñeiro ou mais para axudar á xente que o precisa.

    ResponderEliminar
  3. Desire Maceira Vazquez

    El mercadillo solidario es una de las actividades que se lleva acabo en este centro con el objetivo de ayudar a las personas de los paises empobrecidos,en este caso,este mercadillo se izo para poder hacer un colegio en la india,seria increible poder conseguirlo,y con otro granito de arena, ayudar a que niños de la india puedan ir a un colegio y poder tener una educacion para salir adelante.Ojala pudieramos cambiar el mundo en unos segundos,pero mientras que no podamos hacer eso,seguiremos haciendolo de esta manera,pasito a pasito.

    ResponderEliminar
  4. Luz Mery

    O dia 15 marzo no colexio do C.P.I Virxen da Cela se celebrou un ratro solidario no que participaba todo o colexio dende primaria a secundaria .
    O rastro empezou e rematou co horario de clase normal dende as 09.45 ata 16:25.
    Estes últimos anos este centro fai un rastro solidario para poder recadar diñeiro para mandalo algún país do sur. O ano pasado enviouse cando pasara a desgraza de Haití e este ano iran mil euros para facer un colexio na India .
    Neste rastro os nenos da E.S.O eran os que levaban o control do mercado , é dicir levaban o control de cobrar e de axudar aos nenos de primaria para ensinarlles o que había , en concreto foron os nenos da clase de 3º de ESO.
    Ao finalizar e se fixo o reconto deron unha cifra pero teño que dicir que os 930.44 euros iran en aumento xa que quedaron libros e mais elementos para vender como unha táboa de surf .
    Na opinión da xornalista Luz Mery persoalmente digo que este ano foi menos activo que o ano pasado tamén recadouse mais .

    ResponderEliminar
  5. O venres día 15 de abril fixemos un rastro solidario no noso colexio para recaudar cartos e así podemos axudar aos mais necesitados da India. Recaudamos 930,55 € entre vender os obxetos qe trouxeron os rapaces de secundaria e de primaria e cos donativos dos profesores e de algúns alumnos do centro.

    sergio de bernardo

    ResponderEliminar
  6. Lucía Otero e Lucía Bouzón3 de mayo de 2011, 12:00

    -RASTRO SOLIDARIO
    O pasado venres 15 de abril houbo un rastro solidario no centro para recadar fondos e poder doalos á fundación Vicente Ferrer para construír unha escola na India.
    Había moitas cousas que comprar e a xente animouse moito e tamén puideron facer donativos; subastouse unha táboa de abdominais e farase unha subasta en internet dunha táboa de windsurf.
    Recadáronse preto de 1.000 euros , menos que o ano pasado pero non nos queixamos porque o importante non son os cartos senon a intención.Este ano a xente colaborou menos,pensamos que podía ser por culpa da crise económica que estamos sufrindo.
    A nós parécenos moi ben isto porque así a xente colabora e dende pequenos aprendemos a ser mais solidarios e saber que a pobreza existe e que nos somos como os “privilexiados”.
    A proposta deste ano pareceunos moi ben para que os nenos da India teñan un lugar onde aprender.

    ResponderEliminar
  7. O viernes dia 15 de abril fixemos un rastro solidario para axudar aos mais necesitados da India entre todos recaudamos casi 1.000 €
    Todos os nen@s de colexio trouxemos cousas que tiñamos na casa e non usábamos e conseguimos 930,55 € que os queremos mandar para a india para axudarlle a facerlle una escuela para os nenos e nenas .

    kevin yañez 2 eso

    ResponderEliminar
  8. alba grueiro e bibiana blanco3 de mayo de 2011, 12:04

    no noso colexo xa non por primeira vez celebrouse o pasado dia 15 de abril un rastro solidario para intentar facer un colexo na india,recaudaronse case mil euros,todos os alumnos participamos comprando obxectos pero os alumnos de primaria foron os que mais participaron.

    ResponderEliminar
  9. Rastro solidario 2011
    Fixemos xa o terceiro rastro solidaro para axudara xente da India que poden estudar grazas a nos e os cartos recaudados de o rastro.E os cartos recaudados foron 950Euros que iran destinados a Fundacion Vicente Ferrer. Seguramente para facer escolas,casas para os que non a teñen casas,e tamen, para comprar alimentos para os sinteito . Viñeron os alumnos e todas as familiasa adquirir as compras que faran posible a esixtencia de os habitantes da India.

    Brais Fernandez Rocha 2º E.S.O.

    ResponderEliminar
  10. Rocío Díaz Castrillón

    No noso colexio solemos facer todo-los anos un mercadillo solidario (entre as outras moitas cousas que organizamos) para axudar a xente pobre como a xente que habita na India.
    Este mercadillo consistía en que todo-los alumnos e alumnas do centro traían algún obxecto, roupa, xoguetes… para pode-los vender e gañar algúns cartos para mandarlle aos mais necesitados. Este ano entre todo o que se vendeu o venres recaudamos
    case 1000 euros.
    Pero ainda así temos que recoñecer que os de E.S.O non participamos tanto como os de E.P.

    ResponderEliminar
  11. Diego,Óscar Pérez,Óscar Vidal
    RASTRO SOLIDARIO
    O VENRES TAMÉN FIXEMOS UN MERCADO NO QUE SE VENDÍAN COUSAS DE ALUMNOS E PROFESORES QUE TIÑAN NA CASA E XA NON UTILIZABAN.TODOS COMPRABAN ALGO ESPECIALMENTE OS MÁIS PEQUENOS.O FINAL RECAUDAMOS UNHA IMPORTANTE CIFRA DE CASE 1000 QUE IRA DESTINADA A FUNDACIÓN VICENTE FERRER PARA CONSTRUIR UNHA ESCOLA NA INDIA.

    ResponderEliminar
  12. RASTRO SOLIDARIO
    Na actividad que se fixo no colexio na venta de moitos obxectos que se trouxeron do instituto das Mariñas de Betanzos e que se donaron dos profesores e dos alumnos recoudaronse novecentos épico de euros posiblemente para facer unha escola na India partir da fundación Vicente Ferrer.

    Adrian carballeira Oscar dominguez 2º de la eso

    ResponderEliminar
  13. Elisa,Natalia e Miriam3 de mayo de 2011, 12:09

    O pasado 15 de abril, celebramos no noso colexio un rastro solidario para accións benéficas e poder axudar aos mais necesitados.
    Igual cao ano pasado, colaboramos con moito entusiasmo, e con isto o costo total case chegou ata os 1000 € que foi destinado á construción dunha escola na India colaborando coa Fundación Vicente Ferrer.
    Ademais púxose á venda despois do rastro os libros sobrantes, o prezo dos libros dependen do que queiran doar os alumnos que os mercan.
    Todos quedamos moi contentos por poder axudar outro ano aos máis desfavorecidos.

    ResponderEliminar
  14. O venres 15 de abril o noso colexio fixo un rastro solidario para recaudar fondos para haber se podemos facer unha escola para os nenos na India.
    O fondo recaudado foi 950 euros entre os alumnos de primaria e os de secundaria e os profesorados .
    Agora imos ver se Vicente Ferrer nos deixa facer a escola na India esperemos que si que nos deixe

    christopher yañez maceiras 2ºeso

    ResponderEliminar
  15. Jennifer: Este rastro gustoume moito, porque comprei moitas cousas e ademais os nenos de primaria e secundaria trouxeron moitas cousas para comprar, e ao final subastouse unha táboa de facer exercicio, e tamén unha táboa de windsurf que como ninguén a quixo agora vaise poñer en intenet, recadouse 930’44 euros, un pouco menos cao o ano pasado, este diñeiro vaise doar á India para axudar a construír unha escola.

    Carla: Neste rastro houbo menos obxectos e moitos menos compradores ca o ano pasado, pero aínda así conseguiuse recadar suficientes cartos para o seu destino: construír unha escola na India.

    ResponderEliminar
  16. Yaiza seijas Abeal3 de mayo de 2011, 12:10

    Rastro solidario 2011: No rastro solidario de este ano houbo moitas cousas: peluches, aneis, pendentes, una tabla de windsurf, una de domináis….
    Eu comprei moitas cousas: pendentes pulseras….
    Recaudouse 930,50, algo menos que o ano pasado este diñeiro imolo dar a funfdacion de Vicente Ferrer para facer una escola. Agora cos libros que sobraron levaron algúns e votaron algúns donativos e case temos xa 1000 euros.

    ResponderEliminar
  17. Antonio González López, 2º ESO3 de mayo de 2011, 12:19

    RASTRO SOLIDARIO 2011
    O Rastro Solidario logrou, ao fin, ser una actividade anual na nosa escola. Unha actividade esperada por todos e todas, xa que en día sen clase... A parte, é una actividade con fins solidarios que xa lograron axudar ós máis necesitados. O anterior ano os fondos recadados ían ser para a ONG “Save the Children”, pero despois da catástrofe de Haití, decidiuse que os fondos ían ser destinados á reconstrución do país. Hai dous anos comezouse a iniciativa, e os fondos foron para Save the Children. Grazas á realización da Operación Quilo, da creación de Monferosolidario e da realización do Rastro Solidario, o Ministerio de Educación, coa colaboración do Ministerio de Asuntos Exteriores, concedeulle o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer”. Grazas á motivación do Estado e das

    ResponderEliminar
  18. A nos gustounos moito o rastro solidario habia moitas cousas e moi baratas gustonos moito axudar

    ResponderEliminar
  19. A min das tres ultimas actividades que fixemos antes das vacacions de Semana Santa a que mais me gustou foi o Rastro Solidario.
    Porque o diñeiro que recaudamos mandamolo a India para construir unha escola.
    E axudamos aos nenos que necesitan iri a escola e unha educacion.
    A min gustame moito o que facemos no noso colexio.

    ResponderEliminar
  20. O rastro solidario e unha actividade que se realiza cada ano no noso colexio.
    Os cartos recadados mandaranse para a India para poder construír unha escola para todos os nenos.
    Moi poucas escolas fan o que fai o noso colexio.
    Pareceume moi boa idea porque se axuda a xente.

    ResponderEliminar
  21. no rastro soolidari deste ano habia moitas cousas para comprar e recaudamos unhos cartos que poden parecer poucos pero ao mellor axudan moito

    ResponderEliminar
  22. As nenas do noso colexio Luz Mery e Anais foron a Madrid e deronnos unha charla de todo o que fixeron ali foi moi interesante.

    ResponderEliminar
  23. O 15 de abril veu o noso colexio Anxo Moure é un contacontos moi divertido pasamolo moi ben porque ademais de contar ben os contos fainos mais divertidos para que a xente non se aburra.
    Pasamolo moi ben!

    ResponderEliminar
  24. Silvia e Martín6 de mayo de 2011, 11:25

    O dia 15 de abril fixemos un rastro solidario para recaudar fondos.Recaudamos moitos fondos xa que todos os alumnos somos moi participativos. Esta actividade e a mais divertida. Facemola todos os anos.
    Todos os pais estan invitados a esta actividade.

    ResponderEliminar
  25. maria barral y paula castro6 de mayo de 2011, 11:25

    O pasado dia 15 os nenos e nenas fixemos un rastro solidario foi moy divertido porque habia cousas moi divertidas gañamos 950 euros para levar a India para facer unha escola. Esperemos que o rastro se faga senpre e en mais coles.

    ResponderEliminar
  26. David Río Deibe9 de mayo de 2011, 10:04

    O día 15 de abril de 2011 celebramos neste colexio, C.P.I. Virxe da Cela, o terceiro rastro solidario, que todos os anos é un éxito e este ano volvemos triunfar. Viñeron varios pais de alumnos/as do colexio e despois foron pasando polo mercadillo dende os nenos de 3 anos ata os da E.S.O., e por suposto tamén participaron os profesores de todo o colexio. O rastrillo comezou ás 9:45 ata que pasaron todos os alumnos/as, pais e profesores e rematou sobre as 16:00 que axudamos os alumnos de 3º e 4º de E.S.O. a recoller e volver organizar todo.
    A verdade é que este mercadillo foi outro gran éxito no que se recadaron sobre 1000 euros. Eu estou moi orgulloso de estudar neste colexio porque facemos moitas actividades que obtemos proveito delas para outros países como a India, que intentaremos formar un colexio nese gran país.

    ResponderEliminar
  27. IRIA GONZÁLEZ FRAGA:
    O día 15 de Abril de 2011 no colexio do C.P.I Virxe da Cela , fíxose un Rastro Solidario , este ano xa é o terceiro ano que se leva facendo o rastro.
    Este rastro consiste en que cada persoa do colexio trae da súa casa uns obxectos en bo estado ; como por exemplo, xoias , libros , películas , peluches , e houbo unha persoa que ata trouxo unha pecera e tivo moito éxito…para poñer no rastro e despois vendelos , para que a xente poida compralos e así poder recadar diñeiro para os países máis necesitados . A nosa labor deste ano e facer unha escola na India , que costa máis ou menos 1000 euros , este colexio vai intentar facela ou polo menos colaborar cos gastos diarios desta escola , xa que , recadouse case 1000 euros.
    Todo o mundo colaborou e estivo moi participativo…
    A min persoalmente esta actividade paréceme moi interesante e gustaríame que se seguira facendo por moitos anos máis. Xa que , grazas a isto podemos axudar a moitas persoas , ademais e unha maneira na que poden participar todos os alumnos do colexio.

    ResponderEliminar
  28. O 15 de abril no colexio fixemos o tradicional rastro que facemos todos o anos. Os nenos e nenas foron pasando por cursos desde os mais pequeniños ata os maiores para que fixeran as súas compras, tamén viñeron os pais de algúns alumnos para mercar. Recadamos bastante diñeiro coa finalidade de construír unha escola na India esta escola será apadriñada polo primeiro neno que apadriñou Vicente Ferrer. Esta actividade e moi bonita participamos todos coa finalidade de axudar á xente que o necesita.

    Tamara Sanjuán Caínzos

    ResponderEliminar
  29. Vanessa Deibe Pérez
    O pasado 15 de abril realizouse no noso colexio o ``III Rastro solidario´´. É un dos proxectos que comezamos a facer a raíz de Monfero Solidario. Este rastro precisou moitas horas de preparación pero todos o fixemos con moitas ganas e ilusión. A finalidade era facer unha escola na India para a cal se precisaban 1000 euros e nos recadámolos por completo. Persoalmente esta é unha das actividades que máis me gustan e na que nos implicamos moit@s alumn@ e moit@s profesores e profesoras. Estamos axudando a que o mundo mellore, a que os nenos poidan ter un dos principais dereitos que é a educación e a que os nenos do noso colexio se vaian concienciando dende pequenos que con cousas tan pequenas coma esta estamos axudando a que todo cambien, a que haxa máis igualdade, a que todos e todas teñan os mesmos e mínimos dereitos, porque por desgraza non en todo o mundo se cumpren estas expectativas.

    ResponderEliminar
  30. Paula Calaza Freire
    O día 15 de abril de 2011 no noso colexio fixemos un rastro solidario como levamos facendo desde fai tres anos. Neste día participou todo o centro dende os mais pequenos ata os mais grandes. A primeira hora da mañá viñeron visitar o rastro os nenos de infantil e despois foron vindo ao longo da mañá os cursos restantes por orde. Os nenos estaban moi ilusionados e mercaron bastante todos. Ao final do dia recontamos o diñeiro que había e foi un total de mil euros que todo isto vai ir para fundar unha escola na India e desexariamos que Lancy (o primeiro apadriñado da Fundación Vicente Ferre) fora o seu padriño.
    A miña opinión desta actividade é que se debería facer 2 veces ao ano, porque neste colexio somos moi solidarios e todos estamos de acordo en axudar a todo o mundo

    ResponderEliminar
  31. Ángel Miraz Vázquez9 de mayo de 2011, 10:19

    Opasado día 15 de abril, fixemos no noso colexio, un rastro solidario. E decir, cada alumno do colexio, trouxo un pequeno obxecto, prenda ou calquera cousa que despois se poidera mercar por poucos cartos. Incluso oubo xente que trouxo peixes!! Todo o diñeiro que recaudamos, que foi de 1055 euros , que aínda están na escola, vanse enviar para a fundación Vicente Ferrer para facer unha escola.
    Podemos decir que este rastro foi un éxito porque gañamos moitos cartos, (incluso máis dos que esperabamos gañar) e estes cartos chegan para construír unha escola, que era o noso obxetibo.

    ResponderEliminar
  32. José Vidal Martínez9 de mayo de 2011, 10:19

    O dia 15 de abril realizamos no noso colexio o terceiro rastro solidario.Neste rastro solidario vendimos moitas cousas que tiñamos todos os alumnos nas nosas casas e que xa non necesitabamos.Foi todo un éxito e recaudamos 930,44 euros e aínda queda por subastar unha tabla de surf que trouxo un profesor do noso colexio.Todo o diñeiro recaudado, donaráselle a fundación Vicente Ferrer para intentar construir unha escola na India.

    ResponderEliminar
  33. JOSÉ ALEJANDRO RODRÍGUEZ ACCIÓN9 de mayo de 2011, 10:25

    O pasado día 15 de abril celebramos na entrada do noso centro a terceira xornada anual do rastro solidario, que como nos dous pasados anos contou con moita colaboración por parte do alumnado do centro, que aportou moitos obxectos para a súa venta, na que se recadou un total de case mil euros, que serán doados á fundación Vicenta Ferrer, para a construción dunha escola na India. Aínda que poida parecer que esta cantidade é insignificante para a construción dunha escola na india supón una gran parte do presuposto necesario, e por iso esperamos que se poida realizar este proxecto rapidamente, para que moitos nenos e nenas poidan disfrutar del.

    ResponderEliminar
  34. AXUDA PARA A INDIA

    Hoxe vimos na biblioteca do noso colexio, o C.P.I.Virxe da Cela, un paquete que nos mandaron os nenos e nenas dun colexio da India. No paquete había un dossier con escrituras e fotos da súa escola. Fixeron isto grazas a que nós antes lle mandamos un paquete que tiña información sobre o noso colexio, os talleres que fixemos para axudar a recaudar diñeiro, unha caixa de bombóns etc.
    Tamén lles seguimos axudándo para facer unha escola cos cartos recaudados das actividades que fixemos para recaudalos.
    E algúns nenos e nenas do colexio van apadriñar a nenos e nenas da India.

    Óscar Pérez e Brais.

    ResponderEliminar