viernes, 29 de mayo de 2020

ENTRECULTURAS: ASAMBLEA FIN DE CURSO FORMATO TELEMÁTICO

    Este ano, debido á situación excepcional (Covid-19), o encontro Fin de Curso da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas tivo lugar de maneira telemática o pasado xoves 14 de xuño de 2020 de 18:00 a 20:00 horas. Contamos coa participación da nosa profe Yolanda e dos alumnos Uxía (1º ESO) e Hugo (3º ESO). 

      Todos coñecemos algún evento ao que queríamos asistir este ano pero debido ao estado de alarma que co que levamos convivindo xa tres meses non foi posible . Ao que quero chegar con isto é que a Rede Solidaria Mocidade Entreculturas non se detivo ante esta situación e buscou alternativas para poder celebrar a súa Asamblea de Peche de Curso, o que levounos a celebrar a reunión dixitalmente. Algúns dos alumnos do CPI Virxe da Cela participaron no encontro que, ainda de larga duración (dúas horas) facíase levadeiro grazas a que a participacipación era activa. Neste encontro dixital tratamos temas como a incidencia política, no que profundizamos bastante, o estado actual do medio ambiente e da migración e por último a situación de desigualdade que estan a vivir mulleres de todo o planeta. Tamén empregamos a plataforma kahoot, coa que tivemos que responder un quiz con preguntas relacionadas a estos temas. Persoalmente estou satisfecho de haber participado , xa que foi entretenido e adquirín coñecementos de temas moi importantes que non dominaba tanto. Hugo Lucía Romero (3º ESO)


      O día 4 de Xuño participei no Encontro final de Entreculuras. Había rapaces e rapazas de Galicia, Asturias e Latino América. Este ano foi por videoconferencia xa que por culpa da pandemia non o podeimos facer como todos os anos. Fixemos un Kahoot sobre a incidencia política, estivemos falando entre todos, puxéronos en grupos pequenos para debater sobre as preguntas do Kahoot. Logo volveron a preguntarnos sobre as cuestións tratadas nos grupos e debater que nos parecía, como foi a nosa posta en común etc. Eramos 35 persoas en total na vídeo conferencia de Galicia, Asturias e Latino América. Espero que para o próximo curso non sexa por videoconferencia e poidamos vernos en persoa con saúde. Uxía Boado (1º ESO)
                                                                  


                 




viernes, 22 de mayo de 2020

SITUACIÓN DE EMERXENCIA NOS CAMPOS DE REFUXIADOS



Observa unha imaxe na que aparecen datos e debuxos sobre o coronavirus e os campos de refuxiados. Busca información sobre que é e como está organizado un “campo de refuxiados” e escribe un informe poñéndote na pel dun médico de “Médicos sen Fronteiras” que está a traballar nun campo de refuxiados describindo a situación de emerxencia pola chegada do coronavirus. Contextualiza a túa historia (elixe un campo de refuxiados que exista, indica a súa situación xeográfica, indica o número de refuxiados que viven nel, o motivo polo que hai poboación desplazada neste lugar de acollida, as organizacións de axuda humanitaria que están a traballar, etc).

 

viernes, 15 de mayo de 2020

CANDO POIDAMOS VOLVER AO COLE

      O Departamento de Orientación do CPI Plirilingüe Virxe da Cela quere saber que pasa polas cabezas do noso alumnado en relación a como elas e eles ven a futura volta ao cole. Non sabemos cando nin como polo que, seguramente, poidamos sacar moitas e moi boas ideas de todos eles.

     "Dende que o 13 de marzo confináronnos nos nosos fogares, deixando baleiro o Virxe da Cela, as familias asumiron unha gran responsabilidade ao proporcionar entornos de aprendizaxe que ata o momento realizábamos de forma compartida. Esta nova situación que nos tocou vivir fai que cando volvamos á escola pode que teñamos que adaptar as nosas formas de relacionarnos e de utilizar os espazos. Imaxinades ter que falar, xogar, estar na aula,… a unha distancia mínima de dous metros? Non debemos volver con medo, pero si con precaución; tampouco volver sen afecto, pero si gardando as distancias e cunhas normas mínimas de hixiene básica que xa todos e todas coñecemos."   Departamento de Orientación.