sábado, 28 de noviembre de 2020

Caxoto visitounos no día internacional da eliminación da violencia contra a muller

  O 25 de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, dende a Biblioteca Castelao invitamos a visitarnos ao contacontos Caxoto que nos ofreceu dúas actuacións con esta temática. Primeiramente actuou para a ESO cunha proposta titulada: "Machista eu?", despois actuou para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ca proposta: "Contos vellos novos finais".

Caxoto fai unha recuperación de contos tradicionais e relatos da nosa historia que lle serviron para falarnos  do machismo que está intrincado nos nosos costumes de tal maneira que moitas veces nin tan sequera somos conscientes. Falounos dos micromachismos, que como nos dixo, de "micro", non teñen nada, pasan máis desapercibidos pero son tan daniños como a propia violencia contra a muller.


miércoles, 18 de noviembre de 2020

OBRADOIRO SOBRE ENERXÍA DA FUNDACIÓN REPSOL

Martes 17 novembro 2020. Alumnado de 5º e 6º EP. Mediante este ciclo de obradoiros "Apendenerxía" os alumnos/as de 5º e 6º de primaria aprenderán a ser máis responsables co uso dos recursos e aprenderán mediante a creatividade, o traballo en equipo e a innovación, e comprenderán os retos enerxéticos actuais e futuros.  Realízanse mediante videconferencia, e os educadores guiarán as actividades de maneira virtual. Podemos participar neste proxecto grazas á colaboración Fundación Repsol Fundación Ayuda en Acción. 








 

lunes, 16 de noviembre de 2020

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENXS

O próximo 20 de novembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs. Desde Monferosolidario queremos chamar a atención sobre os millóns de nenos e nenas que seguen sen ter acceso aos dereitos máis básicos  como a educación, a sanidade, un fogar...e que teñen que abandonar os seus soños. E facemos tamén un chamamento aos gobernos para que cumpran os seus compromisos de realizar plenamente os dereitos da infancia. Hai que traballar para que todos, independentemente do lugar ou as condicións nas que nazan, teñan un futuro mellor!

Por iso o 20 de novembro todos imos ser azuis, para reivindicar e pedir aos estados que garantan os dereitos da infancia máis vulnerable. E preguntarédesvos porque azuis?, pois no seguinte vídeo podedes ver a proposta que fan os alumnos e alumnas de 3º de ESO. Animamos a todas as clases a que se unan  á nosa reivindicación e nos envíen unha foto da clase coa proposta. Con todas as instantáneas faremos un vídeo super chulo POLOS DEREITOS DOS NENXS!!!!

viernes, 13 de noviembre de 2020

ÚNETE A NÓS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: CONCELLO DE IRIXOA

Dende o Concello de Irixoa anunciamos a posta en marcha da campaña contra a violencia de xenero “ÚNETE A NÓS CONTRA A VIOLENCIA”. A violencia de xénero segue a ser unha constante na vida social , familiar e persoal contra a que estamos obrigadas/os a loitar na procura de solucións e farramentas que a fagan desaparecer. Cada acto, cada actividade, cada actitude que favoreza a súa erradicación fará que como persoas e como sociadade construamos un mundo mellor, máis igualitario, máis equilibrado e onde poidamos relacionarnos dende o que somos como persoas e non por unha definición marcada polo noso sexo ou o noso xénero. Ante a situación sanitaria coa pandemia mundial que estamos a vivir este ano 2020 que nos impide realizar actos e actividades presenciais, presentamos dende SS.SS. do concello de Irixoa unha campaña que teña presenza nos medios telemáticos que temos ao noso alcance, e a través da súa páxina web deixar constancia que Irixoa rexeita a violencia de xénero. A campaña durará todo o mes de novembro. Iranse subindo cada semana á páxina web do concello contidos e referencias: - audivisuais - musicais - poéticas - literarias Para que poidades ver, ler, visitar, escoitar cousas que se están a facer para contribuir a eliminar esta violencia contra as mulleres. O día 25 de novembro faremos unha lectura, no exterior do concello, dun manifestó en contra da violencia de xenero. Acto ao que estades invitadas/os, respectando sempre as medidas de seguridade establecidas, que garantan a nosa saúde. Por motivos legais, non podemos poñer directamente na páxina web os enlaces que levarían dun xeito directo á información que vos mostramos, polo que presentaremos os datos que vos axuden a atopalos nas redes sociais e na internet. Grazas de antemán polo voso interés e participación. Desexamos que esta iniciativa cumpra os seus obxectivos.

jueves, 12 de noviembre de 2020

O NOSO MOMENTO SEGUE SENDO AGORA!

"O noso momento segue sendo agora" é o lema do XXII Encontro en Rede da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas que tivo lugar o ércores 11 de novembro 2020 de 17:00-18:30, na plataforma Zoom. Este curso, debido a situación excepcional Covid-19, non poidemos realizar un encontro presencial, non obstante, non foi impedimento para que unha representación do profesorado e alumnado do noso centro compartira a través dunha pantalla as súas experiencias con outros docentes e estudantes da Rede Solidaria Entreculturas.


miércoles, 11 de noviembre de 2020

AS SAIAS TOMAN OS CENTROS EDUCATIVOS PARA RECLAMAR A IGUALDADE

Alumnos/as de toda España convirten o 4 de novembro nunha loita contra os roles de xénero, tamén o fixeron os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO do CPIP Virxe da Cela. Ariadna Díaz, alumna deste grupo, relata así a experiencia:
El 10 de noviembre de 2020 los alumnos 3º y 4º de la ESO nos pusimos de acuerdo para ir tod@s en falda como una manifestación y una llamada a toda la sociedad: la ropa no tiene género. Todo esto empezó cuando una alumna de 4º en la clase de tutoría mencionó que había visto por las redes sociales cómo se difundió un video de un adolescente al que lo había discriminado tanto compañeros como profesores por el mero hecho de llevar falda. A las compañeras de este chico, que también llevaban falda, no se les llamó la atención, así que para dar a conocer esta injusticia este estudiante lo publicó por sus redes sociales y se convirtió en un movimiento revolucionario por todas partes de España:  adolescentes (en la mayor parte de los casos) publicaban videos y fotos apoyando a este chico vistiendo y llevando falda a sus colegios e institutos… En nuestro colegio llegó más tarde la noticia, pero igualmente nos pusimos todos de acuerdo para aportar nuestro granito de arena y así dar a entender que tanto una falda, un pantalón o cualquier otra prenda es sólo un trozo de tela y que lo más importante es cómo te sientas tú con esa prenda, sin importar las críticas de la sociedad. Ariadna Díaz Tondo, 4º ESO.


jueves, 5 de noviembre de 2020

XXII Encontro RSJ (EDUCADORES)

Coa finalidade de marcar as liñas básicas de traballo no presente curso académico (especialmente difícil xa que supón a adaptación a un novo contexto covid-19), o profesorado que forma parte da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas (entre eles docentres do noso centro) levou a cabo un encontro en formato online a través da plataforma Zoom o venres 5 de novembro de 2020 (de 17:00 a 19:00 horas). 




XXII ENCONTRO EN REDE ENTRECULTURAS

Iniciamos o curso vinculados un ano máis a ONGD Entreculturas. O vindeiro mércores 11 de novembro ás 5 da tarde celebrarase a Asamblea de Inicio de Curso da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas en formato online. O formulario de inscrición estará aberto ata o día 10 de novembro ás 20:00 horas.



PROGRAMA CIBERVOLUNTARIOS

O Xoves 5 novembro 2020 o alumnado de 5º e 6º EP inicia unha formación online sobre o acoso e a violencia de xénero na rede dentro do programa "Piensa, Conéctate" de Cibervoluntarios, e impartida por Genoveva García.  







martes, 3 de noviembre de 2020

VII PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL PROXECTOS EDUCATIVOS POLA IGUALDADE DE XÉNERO

 

O Premio Concepción Arenal 2019: proxectos educativos pola igualdade de xénero ten por obxecto deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos. Poderán participar centros educativos públicos da provincia nas seguintes modalidades: A) Proxectos educativos en educación infantil B) Proxectos educativos en educación primaria C) Proxectos educativos en educación secundaria Premio: Convócase un premio en metálico de 5.000 euros por cada modalidade. 
 Información web: https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/concepcion-arenal-proxectos-educativos-igualdade-xenero#2020 Bases:


VII CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO