Este martes Euroeume acompañounos na visita do delegado do Goberno, Pedro Blanco Delgado, que puido desfrutar da escola onde estudou na súa infancia.
📝 Para a súa visita, preparamos xunto co alumnado, unha presentación onde amosaban o traballo que desenvolven no centro, entre o que tamén están as actividades de Euroeume e o Programa de Educación Social na Escola, que conta con diversos ámbitos de traballo: igualdade co proxecto Enraizadas, educación ambiental co proxecto Hortos e Composteiros e o proxecto Ríos, os novos proxectos de Accesibilidade e Espazos Inclusivos, e, en concreto, o máis relevante desta exposición, o proxecto Coidando-nós, co Consello Escolar da Infancia.
👉🏽 Este último tivo gran importancia ao amosarlles a profundidade do traballo desenvolto no curso pasado e a continuación no presente.
✅ A importancia da formación dunha infancia que medre coa conciencia cara unha cidadanía crítica, activa e implicada nos procesos e fenómenos de cambio e transformación tanto educativos como sociais, xerando ese nexo entre o mundo escolar e o comunitario para camiñar cara unha sociedade máis xusta, onde as crianzas – de onde todo parte - sexan as protagonistas e as súas voces teñan espazo e sexan escoitadas.
🔎 Amosamos o análise que se realizou dos espazos do centro educativo, a avaliación que fixeron dende o alumnado dos patios, as necesidades que detectaron e as propostas e melloras que xeraron a través dun proceso reflexivo cun enorme traballo cooperativo e en equipo.
👏🏼 Foi unha experiencia chea de significado onde as representantes do alumnado fixeron un gran traballo! Parabéns!
Martes 15 outubro 2024.
#educaciónsocial #educaciónsocialnaescola #coidandonos #conselloescolardainfancia #euroeume #monferoImaxes editadas pola asociación EuroEume de diferentes momentos da presentación do Consello Escolar da Infancia ao Delegado do Goberno en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario