Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de marzo de 2025

8M: MULLERES DA NOSA VIDA


 Este 8 de marzo os pequenos de infantil de 3 anos quixeron render un emotivo tributo ás mulleres que forman parte das súas vidas. Con motivo do Día Internacional da Muller, crearon un fermoso mural titulado "Mulleres da nosa vida". Cada un deles deseñou e pintou unha representación das mulleres que son fundamentais para eles: as súas nais, e outras figuras femininas que, dalgunha maneira, impactan nas súas vidas de forma positiva como son tamén as avoas.

Cada debuxo converteuse nun fermoso tributo a todas aquelas que co seu amor e forza, coas súas loitas e dedicacións, fan que o mundo sexa mellor para todos nós.

O mural "Mulleres da nosa vida" quedou exposto para que todos os membros da comunidade educativa puideran admiralo e reflexionar sobre a forza e o cariño que, día tras día, nos dan as mulleres que nos rodean.

Ademais, para dar un paso máis na conmemoración deste día tan importante, os pequenos tamén gravaron un vídeo onde compartiron as súas palabras e sentimentos cunha inocencia propia da súa idade, pero cargado dun profundo amor. Unha forma de ensinar aos máis pequenos a importancia de recoñecer o traballo e sacrificio das mulleres, non só o 8M, senón en cada día do ano.







jueves, 30 de marzo de 2017

PROXECTO DOS MASAI DE INFANTIL

Hoxe  os nenos e profes de infantil avaliaron o seu proxecto dos Masai coa axuda de Mónica e o seu robot no Virxe DA Cela. Que ben o pasaron e canto saben estos nenos e nenas! Ás profes costoulles algo máis isto de andar con robots...





viernes, 16 de mayo de 2014

ENTREGA DE LIBRIÑOS DO PASAPORTE Á INDIA






O “Pasaporte á India” é un documento persoal, individual e intrasferible, expedido polos órganos competentes da Administración Xeral de Monferosolidario, que acredita, fóra do CPI Virxe da Cela, a identidade dos nenos e nenas que participaron activamente no curso académico 2013-2014 no proxecto School to School coa Fundación Vicente Ferrer.

Unha sinxela e vistosa actividade que funciona como unha carta de presentación, que amosa os nosos gustos e afeccións e a nosa imaxe persoal, e que terán unha dobre vertente. Por unha banda serán enviados á Konampalli School, para que os nenos e nenas desta escola india podan saber algo máis sobre nós, neste interesante intercambio cultural no que ano tras ano, e con este xa van catro, estamos a realizar a través da FVF. E por outra, quedarán como rexistro do noso paso polo centro, esa memoria que conservaremos nas nosas casas e que co tempo faranos lembrar dos nosos compañeiros e compañeiras, con quen tantos días e tantas experiencias compartirmos a longo de todo este curso. Quedarán tamén como un fermoso recordo para Oliva e Vanesa, esas marabillosas mestras de infantil que deixaron pegada no CPI Virxe da Cela , e que non estarán connosco para o vindeiro curso.

Como non queremos poñernos tristes e morriñentos, centrámonos no venres 16 de maio de 2014, véspera das Letras Galegas, que foi unha xornada de celebración, aproveitada non so para homenaxear a Xosé María Díaz Castro, senón tamén para repartir no recreo premios, diplomas e galardóns para varias actividades desenvolvidas no noso centro: a entrega dos “Pasaportes á India” (Monfersolidario), os premios do “Concurso de Cubertas de Libros”(Departamento de Plástica), “III Edición Concurso Preguntón” (Biblioteca Castelao),  e “Concurso literario San Valentín 2014” (EDLG). Despois de xantar os nenos e nenas de Infantil (3 anos) e de Infantil (4 e 5 anos) fixeron unha fermosa e simpática foto en “familia” diante do panel onde están expostos os seus traballos, que mandarán tamén aos seus compañeiros da India. Esperamos ansiosamente recibir a contrapartida por parte da Konampalli School…