Este 8 de marzo os pequenos de infantil de 3 anos quixeron render un emotivo tributo ás mulleres que forman parte das súas vidas. Con motivo do Día Internacional da Muller, crearon un fermoso mural titulado "Mulleres da nosa vida". Cada un deles deseñou e pintou unha representación das mulleres que son fundamentais para eles: as súas nais, e outras figuras femininas que, dalgunha maneira, impactan nas súas vidas de forma positiva como son tamén as avoas.
Cada debuxo converteuse nun fermoso tributo a
todas aquelas que co seu amor e forza, coas súas loitas e dedicacións, fan que
o mundo sexa mellor para todos nós.
O mural "Mulleres da nosa vida" quedou exposto para que todos os membros da comunidade educativa puideran admiralo e reflexionar sobre a forza e o cariño que, día tras día, nos dan as mulleres que nos rodean.
Ademais, para dar un paso máis na conmemoración deste día tan importante, os pequenos tamén gravaron un vídeo onde compartiron as súas palabras e sentimentos cunha inocencia propia da súa idade, pero cargado dun profundo amor. Unha forma de ensinar aos máis pequenos a importancia de recoñecer o traballo e sacrificio das mulleres, non só o 8M, senón en cada día do ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario