Un ano máis o CPI Virxe da Cela únese á Campaña Mundial pola Educación (CME). A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) é unha semana onde máis de 124 países que traballamos para garantir o ODS 4 mobilizámonos para chamar a atención da comunidade educativa, os medios de comunicación, a sociedade en xeral e especialmente, a dos representantes políticos, sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todas as persoas no mundo, enmarcado na Axenda 2030.
Este ano, a SAME 2025 pon como foco principal a EDUCACIÓN EN EMERXENCIAS, baixo o lema "Defende a Educación, apaga a Emerxencia". Na actualidade, máis de 75 millóns de nenas e nenos en todo o mundo viron interrompida a súa educación debido a conflitos, desastres naturais e outras crises humanitarias. Estas emerxencias non só privan á infancia do seu dereito para aprender, senón que tamén poñen en risco o seu futuro e o desenvolvemento das súas comunidades. Con todo, a educación non é só un dereito fundamental; é unha ferramenta de cambio:
– Protexe aos nenos e nenas en contextos de crises, ofrecéndolles estabilidade e seguridade.
- Rompe ciclos de pobreza, abrindo oportunidades para un futuro máis xusto e equitativo.
-Constrúe sociedades máis pacíficas e resilientes, promovendo a igualdade e o respecto mútuo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario