Víctor CME by veronicadopico7965 on Scribd
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecta CME 2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecta CME 2018. Mostrar todas las entradas
lunes, 18 de junio de 2018
viernes, 4 de mayo de 2018
MARCHA POLA EDUCACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tal como enfatiza o lema da Campaña Mundial pola Educación 2018, “A educación é o camiño cara a paz”. Despois do intenso traballo realizado nas aulas durante este curso académico chegou ao hora de visibilizar as nosas aprendizaxes a través dunha acción de incidencia política que tivo lugar o pasado xoves día 3 de maio de 2018 en Santiago de Compostela. Tras un acto oficial no auditorio ABANCA no que os alumnos e alumnas dos centros galegos participantes na CME amosaron o seu traballo, a mocidade lanzouse as rúas portando pancartas e cantando as súas consignas en dirección á praza da Quintana, onde foron recibidos por varios políticos: o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, Don José Manuel Pinal; a Subdirectora Xeral de Cooperación Exterior, Dona Pilar Romero; a Concelleira santiaguesa de Políticas Sociais, Diversidade e Cooperación, Dona Concepción Fernández e o Concelleiro santiagués de Educación, Cidadanía e Dereitos Humanos, Don Manuel Dios.
Ainhoa (3º da ESO) e Diego (4º ESO) foron os encargados de ler o Manifesto da Campaña Mundial pola Educación 2018 e posteriormente Sergio Torrado (4º ESO) formulou unha petición aos políticos solicitando o seu compromiso coa escola rural:
Nós somos rapaces e rapazas de Monfero, unha pequena aldea do interior da provincia da Coruña. Estamos moi contentos de poder estar aquí representando a todos os mozos e mozas do rural. Sentímonos orgullosos da nosa escola, da nosa aldea, da nosa forma de vida e das nosas costumes. Queremos que os nosos fillos e fillas estuden no CPI Virxe da Cela, igual que o facemos nós e o fixeron os nosos país e nais. Pero sabemos que si os políticos non se toman moi en serio unha intervención no rural para conservalo y adaptalo aos novos tempos, a nosa escola acabará sendo un edificio abandonado, e cando veñamos da cidade a visitar aos nosos maiores, estará baleira igual que as casas e os campos…
Esperamos que as nosas palabras reivindicando unha educación universal, de calidade e inclusiva deixaran a súa pegada nas conciencias dos nosos políticos e que no futuro presenciemos avances e cambios, que os nosos esforzos teñan a súa recompensa.
Etiquetas:
Marcha pola Educación 2018,
Proxecta CME 2018,
SAME 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)