Mostrando entradas con la etiqueta programa TEI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta programa TEI. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de octubre de 2018

TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS

   

      Xa está en marcha o Programa TEI "Titoría Entre Iguais", baixo a supervisión do Departamento de Orientación do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. A última semana de setembro os alumnos e alumnas de 3º e 5º de primaria recibiron información sobre o programa TEI. De esta sesión informativa o alumnado de 5º que voluntariamente quixo asumir a responsabilidade, recibiu formación para desenvolver as funcións como titores e titoras emocionais do alumnado de 3º onde o respeto, a empatía e o compromiso son os piares básicos. Despois da formación, Camino e Cristina achegáronse á aula de 5º para facer a entrega de diplomas e carnés aos titores e titoras. 

     E chegou o día máis esperado… “quen me tocará como titor ou titora?” O 1 de outubro por fin se presentaron os titores/as e os titorandos/as e para coñecerse mellor fixéronse unhas preguntas, ademais de facer varias actividades por parellas e así poder empezar a camiñar xuntos.








jueves, 19 de octubre de 2017

O PROGRAMA TEI. TITORÍA ENTRE IGUAIS XA ESTÁ EN MARCHA.

Alumnos e alumnas de 5º de primaria convírtense en titores e titoras do alumnado de 3º primaria e os de 3º e 4º de ESO dos que empezan a etapa de secundaria co obxectivo de mellorar a convivencia e previr o acoso escolar.
Para iso, durante os meses de setembro e outubro tiveron lugar diferentes sesións informativas e de formación aos titores e titoras voluntarios, que no caso de primaria nos acompañaron algunhas familias no momento da entrega de carnés e diplomas e no caso do alumnado da ESO contou con dous alumnos do IES do Camiño (Palas de Rei), que nos contaron a súa experiencia como titores.
O alumnado de 5º de primaria e de 3º e 4º de ESO presentóuse como voluntario para titorizar aos máis pequenos polo que recibiron o correspondente carné e diploma que o acredita. O seguinte foi ir á aula dos titorandos (3º primaria e 1º ESO, respectivamente), facer as presentación e compartir as primeiras tarefas xuntos.













viernes, 28 de abril de 2017

Curso do programa TEI no Vixe da Cela

O programa TEI é un programa de convivencia institucional que implica a toda a comunidade educativa. Orientado a mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta. Baséase na titorización emocional entre iguais desde o respecto, a empatía e o compromiso.

Para implementar o TEI no CPI Virxe da Cela o profesorado e as familias recibimos formación no programa, impartida polo seu autor, Andrés González  Bellido."