martes, 23 de febrero de 2021

O NOSO COLE NA PRENSA: I PREMIO GALEGO EPDCG

Diferentes medios de comunicación (prensa escrita, radio) fixeron eco do galardón que acaba de recibir o noso centro co proxecto "Monferosolidario": o I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EPDCG). 

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2021/02/22/entrega-premio-galego-educacion-colegio-35256304.html

                             https://www.diariodeferrol.com/texto-diario/mostrar/2641481/  



viernes, 19 de febrero de 2021

MONFEROSOLIDARIO RECIBE O I PREMIO GALEGO EPDCG (EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL)


Venres 19 febreiro 2021. 13:30 horas. Comisión oficial (cordinadora galega ONGs), representantes políticos dos concellos de Monfero e Irixoa, presidente da ANPA do CPIP Virxe da Cela. Acto ao que asiste o profesorado e alumnado da ESO. 


Desde os inicios de Monferosolidario sempre tivemos moi claro que os auténticos protagonistas son os rapaces e rapazas. Grazas ao seu esforzo, implicación, entusiasmo, curiosidade, as nosas accións se levan a cabo dándolle sentido ao noso grande obxectivo: “educar cidad@s para construír un mundo mellor”. Por iso, quen mellor que eles, para agradecer este premio que a nosa escola está a recibir o día de hoxe. Marta Fernández, alumna de 4ª da ESO, en representación de todo o alumnado do centro e comunidade educativa en xeral, vai ser a voceira do noso agradecemento:

Recoller os parabéns e os premios ao noso esforzo e traballo sempre é grato e motivador. Non é a primeira vez que a nivel institucional se recoñece a labor realizada por todos/as nós nas aulas desta pequena escola do rural. Desde ben pequenos tivemos a oportunidade de recibir diplomas que agora mesmo están pendurados nas paredes do noso centro e que, ao igual que este que hoxe recollemos, van formando parte da nosa historia. Vir á escola, é aprender, mais non soamente se aprende dos libros, senón das experiencias, das accións e de todos eses momentos que nos aportou, nos aporta e nos aportará este pequeno-gran centro nas nosas vidas e recordos. 
       Detrás de toda esta emoción, agóchase un gran esforzo e dedicación por parte de todos e todas: 
-Os alumnos e alumnas que estamos hoxe aquí presentes recollemos este premio, pero non podemos esquecer a todos os rapaces e rapazas que pasaron por este centro en anos anteriores e que nos foron abrindo o camiño. 
-O mesmo temos que dicir dos profesores e profesoras, grazas ás súas propostas e apoios puidemos levar a cabo o proxecto e aprender, entre outras cosas, a traballar en equipo, ser mellores compañeiros e, en xeral, mellores persoas: isto é unha aprendizaxe para a vida e o futuro. 
-Queremos resaltar o apoio recibido por diferentes asociacións e ONGs, que apostaron polo noso proxecto e sempre nos ofreceron axuda para levalo a cabo. 
-Grazas a Miriam Seoane, anterior directora do colexio, por abrir as portas a este proxecto, Monferosolidario, e a Camino Pereiro, actual directora, por continualo e potencialo. 

       Gustaríame aproveitar este momento para dirixirme aos representantes políticos para que adiquen os seus esforzos en dotar de infraestructura e revitalizar os nosos concellos. Así as familias continuarán escolarizando no CPI Virxe da Cela aos seus fillos e fillas, e poderemos, entre todos, manter vivo este proxecto e a nosa escola.
















viernes, 12 de febrero de 2021

CORREMOS POR UNHA CAUSA. CARREIRA SOLIDARIA ENTRECULTURAS

Baixo o lema "Corre por unha causa" a ONG Entreculturas organiza unha Carreira Solidaria en formato ONLINE que se levará a cabo os vindeiros 20 e 21 de febreiro de 2021. O alumnado de 4º da ESO do CPIP Virxe da Cela únese a esta campaña e anima a todas as persoas para participar nesta campaña de
sensibilización.

   

jueves, 4 de febrero de 2021

37 CONCURSO ESCOLAR ONCE

 Baixo o lema "ConexiON-AdicciOFF, isto non é un xogo", o alumnado da ESO realizou nas materias de Relixión+Valores Éticos as súas propostas de aula: nesta 37 edición do Concurso Escolar ONCE trátase de MUPIS (carteis de publicidade de mobiliario urbán), sensibilizando á mocidade dos riscos dun uso incontrolado e abusivo das novas tecnoloxías. 







Game Over 


Game Over. Somos os alumnos e alumnas da clase de 1º de ESO do CPI Virxe da Cela. Co noso cartel publicitario quixemos transmitir que o mal uso das tecnoloxías non é un xogo. Por iso puxemos unha imaxe central na que aparece unha persoa absorvida polo ordenador e que está inxectándose dopamina para poder aguantar diante do ordenador. Vemos que está enganchada as tecnoloxías de maneira enfermiza. Debaixo puxemos unha frase co lema GAME OVER, como se a persoa da foto xa perdera a oportunidade de vivir e estivera atrapada no mundo da tecnoloxía. E logo, como reflexión final, puxemos unha frase que nos achega a pregunta: TÍ TAMÉN ERES UN DELES?, para que a persoa que vexa o cartel reflexione sobre o uso que fai ela das novas tecnoloxías.

Non deixes que a tecnoloxía che leve ao inferno. Somos os alumnos e alumnas de 2º da ESO do CPIP Virxe da Cela. No noso MUPI quixemos transmitir que as tecnoloxías poden levarte a un inferno de adiccións se fas mal uso delas, por iso puxemos a imaxe duns zombies abducidos polos móbiles nun fondo cheo de lume. Así, como xogar co lume é perigoso, xogar coas tecnoloxías de forma inadecuada tamén o é. Así que…sentidiño 

Non deixes que che atrape. Mentres facíamos o noso MUPI publicitario, os rapaces/zas de 4º da ESO pensabamos o que queríamos transmitir, e cal sería a mellor forma de contalo con pouco texto e máis fotografías. O primeiro que vemos no centro do cartel en grande é unha fotografía dun teléfono móbil onde se esta “afundindo” unha persoa. Con iso queremos transmitir que os aparatos tecnolóxicos están moi ben, pero dentro duns límites. Temos que saber reaccionar a tempo e facer outras actividades que non impliquen estar diante dunha pantalla demasiado tempo. Na esquina inferior esquerda puxemos as iconas das redes sociais mais populares para reflexionar sobre a cantidade de aplicacións que inundan as nosas vidas, e que se nos deixamos atrapar por elas podemos caer na adicción ata o punto de ter que chegar a pedir auxilio. Arriba a esquerda puxemos dúas sinais de precaución e alerta, porque como ven indica o titulo do cartel, isto non é un xogo!

miércoles, 3 de febrero de 2021

MONFEROSOLIDARIO NA RADIO: PREMIO GALEGO DE EPDCG

ENTREVISTA EN RADIO VOZ REALIZADA POR POR ISIDORO VALERIO
Verónica Dopico, coordinadora xunto con Yolanda Castro do proxecto Monferosolidario, fala da importancia para o noso centro de recibir o I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. 


Podcast 

ENTREVISTA EN RADIO GALEGA. Programa Convivir do día 15 abril 2021. Verónica Dopico é entrevistada por María Xosé Rodríguez e Xosé Luís López Vila. 



lunes, 1 de febrero de 2021

RESOLUCIÓN DEFINITIVA: CPIP VIRXE DA CELA GAÑADOR DO I PREMIO GALEGO EPDCG

 

Comunican desde o equipo organizador do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global a resolución definitiva. As as candidaturas gañadoras desta primeira edición do Premio son: Categoría A: ‘Aprendendo a convivir’ do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) Categoría B: ‘Monferosolidario: abrindo a escola cara á transformación social desde a EPCGD’ do CPI Virxe da Cela (Monfero) Moitos parabéns!  Por outra banda, realizarase a entrega do Premio aos dous centros gañadores, asistindo unha representación do equipo organizador do a ambos colexios. Este acto está previsto para o día 19 de febreiro de 2021 pola mañá. Consistirá na entrega do elemento distintivo e os diplomas, como se establece nas bases.


Premer nas imaxes para acceder ás notas de prensa



Resolucion DEFINIITVA Premio Galego ED 2020 by veracruces on Scribd