Venres 19 febreiro 2021. 13:30 horas. Comisión oficial (cordinadora galega ONGs), representantes políticos dos concellos de Monfero e Irixoa, presidente da ANPA do CPIP Virxe da Cela. Acto ao que asiste o profesorado e alumnado da ESO.
Desde os inicios de Monferosolidario sempre tivemos moi claro que os auténticos protagonistas son os rapaces e rapazas. Grazas ao seu esforzo, implicación, entusiasmo, curiosidade, as nosas accións se levan a cabo dándolle sentido ao noso grande obxectivo: “educar cidad@s para construír un mundo mellor”. Por iso, quen mellor que eles, para agradecer este premio que a nosa escola está a recibir o día de hoxe. Marta Fernández, alumna de 4ª da ESO, en representación de todo o alumnado do centro e comunidade educativa en xeral, vai ser a voceira do noso agradecemento:
Recoller os parabéns e os premios ao noso esforzo e traballo sempre é grato e motivador. Non é a primeira vez que a nivel institucional se recoñece a labor realizada por todos/as nós nas aulas desta pequena escola do rural. Desde ben pequenos tivemos a oportunidade de recibir diplomas que agora mesmo están pendurados nas paredes do noso centro e que, ao igual que este que hoxe recollemos, van formando parte da nosa historia.
Vir á escola, é aprender, mais non soamente se aprende dos libros, senón das experiencias, das accións e de todos eses momentos que nos aportou, nos aporta e nos aportará este pequeno-gran centro nas nosas vidas e recordos.
Detrás de toda esta emoción, agóchase un gran esforzo e dedicación por parte de todos e todas:
-Os alumnos e alumnas que estamos hoxe aquí presentes recollemos este premio, pero non podemos esquecer a todos os rapaces e rapazas que pasaron por este centro en anos anteriores e que nos foron abrindo o camiño.
-O mesmo temos que dicir dos profesores e profesoras, grazas ás súas propostas e apoios puidemos levar a cabo o proxecto e aprender, entre outras cosas, a traballar en equipo, ser mellores compañeiros e, en xeral, mellores persoas: isto é unha aprendizaxe para a vida e o futuro.
-Queremos resaltar o apoio recibido por diferentes asociacións e ONGs, que apostaron polo noso proxecto e sempre nos ofreceron axuda para levalo a cabo.
-Grazas a Miriam Seoane, anterior directora do colexio, por abrir as portas a este proxecto, Monferosolidario, e a Camino Pereiro, actual directora, por continualo e potencialo.
Gustaríame aproveitar este momento para dirixirme aos representantes políticos para que adiquen os seus esforzos en dotar de infraestructura e revitalizar os nosos concellos. Así as familias continuarán escolarizando no CPI Virxe da Cela aos seus fillos e fillas, e poderemos, entre todos, manter vivo este proxecto e a nosa escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario