Mostrando entradas con la etiqueta CME 2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CME 2015. Mostrar todas las entradas
miércoles, 13 de mayo de 2015
martes, 28 de abril de 2015
viernes, 24 de abril de 2015
"EU VOTO POLA EDUCACIÓN" NO CPI VIRXE DA CELA
Un
ano máis o CPI Virxe da Cela únese á CME (Campaña Mundial pola Educación), que
nesta ocasión identifícase cun lema tan significativo como “Eu voto pola educación”. O alumnado de
2º da ESO foi o principal dinamizador desta campaña non noso centro educativo,
visitando as diferentes aulas da nosa escola para sensibilizar a alumnado e
profesorado da importancia da súa participación en prol dunha educación
universal, integradora e de calidade. Repartiron un lote de materiais, entre
eles un póster para personalizar en cada clase, tarxetas para escribir as nosas
peticións e ideas enfocadas a un cambio e mellora na educación, así como
adhesivos co logo e lema da campaña.
A
campaña tivo su cumio na semana do 20 ao 26 de abril, coincidindo coa SAME
(Semana de Acción Mundial pola Educación). Así, o venres 24 de abril efectuamos
unha votación en toda regra. Todos os nenos e nenas visitaron, acompañados
polos seus profesores/as, unha mesa electoral que estaba situada na entrada do
edificio de secundaria. Depositaron nunha furna decorada para a ocasión as súas
papeletas e xuntándose por aula para facer unha “foto de familia” acompañados
do seu póster personalizado conxuntamente e que os identifica como grupo.
Proximamente
pasaremos a colocar papeletas e carteis nun enorme panel expositivo, para así
poder compartir os nosos soños e desexos cara un cambio na educación, e pouco a
pouco tratar de ir levando a cabo o que estea nas nosas mans.
Etiquetas:
CME 2015,
Eu voto pola educación,
SAME 2015
miércoles, 22 de abril de 2015
4 ALUMNAS DO CPI VIRXE DA CELA IMPARTEN UNHA CHARLA NO SEMINARIO INTERNACIONAL SOBRE O DEREITO Á EDUCACIÓN
“A educación cambia o mundo”, esta é unha afirmación que compartiron todos os/as asistentes ao Seminario Internacional sobre o Dereito á Educación tras presenciar a charla-obradoiro “Experiencias de ensinanza-aprendizaxe para cambiar o mundo”, impartida por catro alumnas do CPI Virxe da Cela o pasado martes 21 de abril de 2015 (Facultade Ciencias Educación USC, Santiago de Compostela).
Ana Pena e Andrea Brage (2º ESO), xunto con Antía Gómez e Sofía Pena (4º ESO) demostraron as súas capacidades docentes guiando e dinamizando a un grupo de 40 persoas (estudantes universitarios, docentes, educadores sociais, voluntarios, psicólogos, etc), que tiveron que efectuar diferentes actividades relacionadas coa CME (Campaña Mundial pola Educación), que este ano ten o lema “Eu voto pola educación”. Comezando por unha auténtica votación con papeletas e furna, e finalizando un divertido “selfie”, o obradoiro ofreceu un marco ideal para reflexionar sobre a importancia da educación e para definir, aínda que utopicamente, un sistema educativo ideal e esbozar unha imaxe do docente que fora quen de materializar ese soño.
O CPI Virxe da Cela leva desde o ano 2009 participando activamente na CME (Campaña Mundial pola Educación) e a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), enmarcando estas actividades dentro do proxecto Monferosolidario, no que se conxuga a educación en valores e a educación para o desenvolvemento. Agradecemos ás ONGs Entreculturas e Ayuda en Acción, encargadas de organizar a CME 2015 en Galicia, por convidarnos a estas xornadas e ofrecernos un ha oportunidade para difundir o noso traballo.
jueves, 16 de abril de 2015
martes, 3 de marzo de 2015
GRAVACIÓN VÍDEO CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
Da man da Fundación
Entreculturas recibimos a visita dun pequeno equipo de comunicación disposto
a recoller as impresións que docentes e alumnos/as do CPI Virxe da Cela temos
sobre a CME (Campaña Mundial pola
Educación), evento celebrado no noso centro educativo anualmente no mes de
abril desde o curso académico 2008-2009. Son por tanto seis campañas con
numerosas anécdotas e lembranzas, loitando en conxunto polo dereito a unha educación
universal e de calidade.
Todas as persoas que sentaron diante da cámara na
xornada do martes 3 de marzo de 2015 (grupiños de alumnado de 6º de primaria e
da ESO e as profesoras que coordinan o proxecto Monferosolidario) reflexionaron sobre os cambios que se deron no
noso centro desde a chegada da CME, xustificando a importancia de loitar polo
dereito á educación e os logros que se conseguiron en relación a este dereito.
Está claro que a día de hoxe o noso alumnado é consciente de que a educación
cambia vidas, tanto é así que varios rapaces e rapazas comentaron exemplos no
seu ámbito máis próximo que exemplifiquen este feito.
Esta entrevista, que formará parte dun vídeo final
que promoverá a Campaña Mundial pola
Educación 2015, e na que participarán outros centros educativos galegos,
está dando a oportunidade a alumnos/as e docentes para expresar peticións ás
persoas con responsabilidade política, reivindicando a importancia de traballar
en prol dunha educación para todos e todas, así como lanzarse a soñar e falar
en voz alta de todos aqueles desexos que quizás un día, se todos unimos as
nosas forzas, poidan converterse en realidade.
Etiquetas:
Campaña Mundial pola Educación,
CME 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)