Mostrando entradas con la etiqueta Asperger. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asperger. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de marzo de 2019

A ESCOLA INCLUSIVA

O 26 de febreiro, dentro da escola de familias, organizamos unha charla co título: “A escola inclusiva: vivindo co síndrome de Asperger”, impartida por unha psicóloga de ASPERGA. Asociación Galega de Asperger. "Educación inclusiva é calidade, atender a cada estudante conforme ás súas necesidades. Quen marca os parámetros de normalidade nos que todxs teñen que encaixar? Se cadra eu non teño discapacidade pero teño outras necesidades, se cadra necesito máis tempo para estudar un texto ou necesito outra forma de avaliar... A inclusión favorece a todas as persoas." Marta Medina.


viernes, 1 de junio de 2018

COMO CHE GUSTARÍA QUE TE TRATARAN?



O día 30 de maio Paloma, psicóloga de Asperga (Asociación Galega de Asperger) contou ao alumnado de 5º de primaria e de toda a ESO o que lles pasa as persoas con síndrome de Asperger:  teñen dificultades para expresar e identificar as emocións e para as relacións sociais, gustan da rutina e teñen unha intelixencia normal ou superior á media, entre outras cousas.
Para entender isto mellor, identificamos as nosas propias emocións e démonos conta de que a todos e a todas, teñamos ou non Asperger, gústanos que nos traten ben:


-       Que me respecten.
-       Que me respondan cando pregunto algo.
-       Que non me traten como se fose invisible.
-       Que se preocupen por min se me pasa algo.
-       Que non me miren como se fose un “bicho raro”.