Mostrando entradas con la etiqueta Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de abril de 2016

VACACIÓNS EN PAZ: SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI

      Fai varios días a organización Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) contactou co noso centro para lanzar a campaña "Vacacións en Paz", un programa que leva en funcionamento varios anos grazas á colaboración de diferentes concellos galegos. A través de "Vacacións en Paz" nenos e nenas saharauis que viven nos campamentos de refuxiados no deserto de Tinduf en Arxelia, veñen ao noso país co apoio de familias acolledoras, recibindo unha alimentación e unha atención médica axeitada, xa que no seu lugar de orixe carecen dela. 
      Asimesmo a SOGAPS solicita a solidariedade das familias do CPI Virxe da Cela para facer pequenas aportacións que axuden a costear as viaxes dos nenos e nenas refuxiados. Desde o noso centro trataremos de organizar a través desta ONG unha charla con saharauis e cooperantes que axude a sensibilizar ao noso alumnado sobre o problema dos refuxiados no Sahara Occidental.