Mostrando entradas con la etiqueta Fenestra Solidaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fenestra Solidaria. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de octubre de 2012

TEN SENTIDO SER SOLIDARIOS?

Algunha vez parácheste a pensar que é esto da solidariedade? Ser solidarios é participar nas diferentes actividades que plantexamos a través de Monferosolidario, pero a acción sen reflexión non ten sentido. Por un momento imos parar, sentarnos tranquilamente e poñer orde aos nosos pensamentos. -Ten sentido ser solidarios? -Podemos cambiar o mundo coas nosas pequenas intervencións? -Poñemos en práctica as nosas aprendizaxes na vida diaria, coa nosa familia, os nosos amigos, etc. -Que opinas daquela xente que ante as inxusticias non fai máis que virar a cara para outro lado? Estas e outras preguntas darán pé a unha pequena reflexión, seguramente moi rica e interesante. Esmerádevos nas vosas redaccións, xa que do papel pasarán ás ondas radiofónicas e chegarán aos oídos da poboación a través do programa "A Fenestra Solidaria", de Radio Fene.

miércoles, 24 de octubre de 2012

A VOZ DE MONFEROSOLIDARIO NAS ONDAS DE RADIO FENE


Grazas, Conchi Ramil, por ofrecernos o teu programa radiofónico "A Fenestra Solidaria" para dar voz a Monferosolidario. Como ben dicías na entrevista, é moi importante difundir experiencias constructivas e positivas, para combatir este momento de pesimismo que nos está a envolver. Esperamos que a nosa próxima visita a Radio Fene sexa sendo acompañados por algúns mozos e mozas do CPI Virxe da Cela, xa que eles son os auténticos protagonistas do proxecto Monferosolidario, e nas súas mans está a posibilidade do cambio. Noraboa polo teu programa, que nunha hora semanal serve como plataforma para colectivos e individuos que pensamos que ese cambio é posible, a través de accións de maior ou menor envergadura. Recordando as túas palabras, xa tomadas de Teresa de Calcuta: "o océano non está completo se falta unha desas gotiñas de auga". Moito ánimo e moita forza para continuar esa labor tan activista, non só a través das palabras difundidas nas ondas radiofónicas, senón co teu esforzo e suor en todos eses proxectos nos que estás colaborando. Esperamos que algún día poidas visitar o noso centro e contar a túa propia experiencia persoal, tan rica e coherente, no eido da solidariedade.
Grazas. Verónica Dopico e Yolanda Castro.


           Programa de radio A fenestra Solidaria