martes, 23 de octubre de 2018
jueves, 18 de octubre de 2018
O NOSO COLE NO ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA RAG
O martes 16 de outubro de 2018 ás
11:00 horas alumn@s e profes do noso cole, o Virxe da Cela,
asistiron no salón de actos da Real Academia Galega á entrega de premios Contádenos
o voso Día das Letras. Dito galardón, creado pola RAG, ten como obxectivo coñecer e difundir cómo celebraron
o Día das Letras Galegas os centros encargados da educación do alumnado de
menor idade, ao abeiro da Primavera das Letras. Este proxecto web da RAG fornece
desde 2016 a comunidade escolar de contidos lúdicos e didácticos arredor da
figura protagonista do 17 maio desde unha perspectiva interdisciplinaria.
No acto estiveron presentes os
tres centros gañadores:
CPI P Virxe da Cela (Monfero)
EEI do Milladoiro ( Ames)
CEIP Anxo da Garda (A Coruña)
Así mesmo presidiron a xornada Victor Freixanes (presidente da
Academia Galega), Francisco Castro (director
xeral da Editorial Galaxia), a escritora Fina
Casalderrey, Teresa Rocamonde, (responsable
de comunicación de Bolanda), Andrea
Jamardo (responsable de Urco Editora) e Pedro Ferriol (viúvo da escritora María Victoria Moreno).
O noso centro apostou pola linguaxe
radiofónica. O alumnado de primeiro e segundo gravou un conto inspirado en
personaxes das obras de María Victoria Moreno. Pola súa banda o alumnado de 4º
de EP realizou un programa dedicado á autora con entrevistas a Eli Ríos, Monste
Pena, Francisco Castro, Fran Alonso e Andrea Jamardo, dentro do noso programa de
Radio escolar tan ben levado por Sergio
Pascual y Lucía Abarrategui e financiado por Ayuda en Acción e a Fundación
Repsol.
Ademais, a xornada tivo un
remate moi especial xa que compartimos
co CEIP Anxo da Garda unha xornada de convivencia e xogos no centro coruñes.
Ámbolos dous centros levamos tres anos colaborando para achegar realidades
culturais e sociais diferentes, pero ao mesmo tempo enriquecedoras, tomando como nexo
de unión o apego pola identidade cultural e a revalorización do medio natural
como punto de partida para o deseño de actividades compartidas.
Parabéns a tod@s polo voso
traballo!!!!!
Aquí deixamos varios videos do acto.
jueves, 11 de octubre de 2018
TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS
Xa está en marcha o Programa TEI "Titoría Entre Iguais", baixo a supervisión do Departamento de Orientación do CPI Plurilingüe Virxe da Cela.
A última semana de setembro os alumnos e alumnas de 3º e 5º de primaria recibiron información sobre o programa TEI. De esta sesión informativa o alumnado de 5º que voluntariamente quixo asumir a responsabilidade, recibiu formación para desenvolver as funcións como titores e titoras emocionais do alumnado de 3º onde o respeto, a empatía e o compromiso son os piares básicos.
Despois da formación, Camino e Cristina achegáronse á aula de 5º para facer a entrega de diplomas e carnés aos titores e titoras.
E chegou o día máis esperado… “quen me tocará como titor ou titora?” O 1 de outubro por fin se presentaron os titores/as e os titorandos/as e para coñecerse mellor fixéronse unhas preguntas, ademais de facer varias actividades por parellas e así poder empezar a camiñar xuntos.
Etiquetas:
programa TEI,
Titoría Entre Iguais
martes, 9 de octubre de 2018
jueves, 4 de octubre de 2018
IRIMONL@AB
O vindeiro 15 de outubro de 2018 comezará no CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) unha nova actividade para 15 alumnos e alumnas de educación secundaria. Trátase do IriMonl@ab, un laboratorio de ideas no que os rapaces/zas poderán experimentar con novas tecnoloxías, descubrir as súas fortalezas e conducir as súas aspiracións ao deseño dun plan de vida formativo e profesional.
IriMonl@ab ponse en marcha grazas á Fundación Axuda en Acción, en colaboración co centro educativo e cos concellos de Irixoa e de Monfero. Con este proxecto queremos compensar as desigualdades contextuais facilitando ao noso alumnado a posibilidade de facer reais as súas aprendizaxes en contornos virtuais adaptados ás necesidades sociais actuais.
O xoves 4 de outubro de 2018 fixemos a presentación oficial do proxecto ao noso alumnado e ás familias, contando coa presencia dos alcalde de Irixoa, o presidente da AMPA, a delegada da Fundación Ayuda en Acción na Coruña e as profesionais que estarán traballando día a día co alumnado participante. Mentres a dirección do CPI Virxe da Cela explicaba ás familias o proxecto, todo o alumnado de secundaria participou dunha divertida actividade, un “scape room” personalizado, e todos os asistentes remataron a xornada visitando a aula específica onde se desenvolverá este proxecto, totalmente equipada con tecnoloxía e mobiliario adaptado ás necesidades do mesmo.
https://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/ayuda-accion-cpi-virxe-da-cela-promueven-taller-extraescolar-monfero/20181004233537238730.html
Etiquetas:
Fundación Ayuda en Acción,
IriMonl@ab
Suscribirse a:
Entradas (Atom)