jueves, 11 de octubre de 2018

TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS

   

      Xa está en marcha o Programa TEI "Titoría Entre Iguais", baixo a supervisión do Departamento de Orientación do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. A última semana de setembro os alumnos e alumnas de 3º e 5º de primaria recibiron información sobre o programa TEI. De esta sesión informativa o alumnado de 5º que voluntariamente quixo asumir a responsabilidade, recibiu formación para desenvolver as funcións como titores e titoras emocionais do alumnado de 3º onde o respeto, a empatía e o compromiso son os piares básicos. Despois da formación, Camino e Cristina achegáronse á aula de 5º para facer a entrega de diplomas e carnés aos titores e titoras. 

     E chegou o día máis esperado… “quen me tocará como titor ou titora?” O 1 de outubro por fin se presentaron os titores/as e os titorandos/as e para coñecerse mellor fixéronse unhas preguntas, ademais de facer varias actividades por parellas e así poder empezar a camiñar xuntos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario