lunes, 28 de septiembre de 2026

CAMILA. XOGO INTERACTIVO CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

A historia de Camila é a de miles de nenas, nenos e adolescentes. En Honduras, Guatemala e O Salvador, só un de cada dous adolescentes termina a secundaria. Alí, a violencia, a pobreza, a criminalidade e os desastres naturais empuxan a miles de familias a migrar ou desprazarse dentro dos seus propios países.

As institucións educativas tamén teñen parte do reto: faltan recursos ,datos, hai pouca coordinación e algunhas normas fan máis difícil responder as necesidades dos e as estudantes. 

Máis de 234 millóns de nenas, nenos e adolescentes viven en lugares afectados por crises prolongadas. E, aínda que a educación é clave para saír adiante, só recibe o 3% da axuda humanitaria mundial. Camila non elixiu a súa historia, pero ti podes elixir que outros coñezan esta realidade, comparte o xogo e entra en cme-espana.org para saber máis sobre educación en emerxencias. Camila é unha historia inspirada no informe “Educación Negada, Futuros Truncados”, sobre a crise educativa silenciosa que se vive no Triángulo Norte de Centroamérica. Podes aprender máis aquí.