lunes, 5 de octubre de 2026

DÍA MUNDIAL DAS E DOS DOCENTES


O 5 de outubro celébrase o Día Mundial das e os Docentes e, desde a Campaña Mundial pola Educación (CME), queremos empezar polo máis importante: grazas. Grazas polo que fas cada día, dentro e fose da aula, para que nenas, nenos e mozos poidan exercer o seu dereito á educación. Sabemos que sen docentes non hai dereito á educación, e por iso esta mensaxe é para ti.

Sabemos tamén que exercer a docencia non sempre se fai nas condicións que merece, aquí e en moitas partes do mundo: os salarios baixos, a sobrecarga e a falta de recoñecemento están detrás do déficit de 44 millóns de docentes que hoxe hai a nivel global. Por iso elaboramos o posicionamento «Docentes insubstituíbles: investir en quen sostén o dereito á educación», con medidas concretas para garantir os dereitos das e os docentes e frear a precarización laboral que historicamente afectou á profesión. Compartímoscho porque fala de ti e do teu traballo; gustaríanos que o leses e compartíselo coas túas compañeiras e compañeiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario