Mostrando entradas con la etiqueta paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paz. Mostrar todas las entradas

miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

O CPI Virxe da Cela unímonos á celebración do Día Escolar da non Violencia e a Paz. Esta actividade consistiu na elaboración dun mural conxunto achegando as aportacións das diferentes aulas a modo de vagón con palabras relacionadas coa paz: un poema, unha canción, titulares de noticia... unha proposta aberta para fomentar a diversidade e creatividade do alumnado. O martes 30 de xaneiro de 2024 o tren cos seus respectivos vagóns articulouse nun  taboleiro de cortiza do patio cuberto, e as diferentes clases/aulas foron visitalo ese día con motivo da conmemoración.  





ESPECIAL RADIOFÓNICO DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. PODCAST SOBRE A GUERRA EN ISRAEL.

miércoles, 30 de enero de 2013

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ: 30 XANEIRO 2013

Un ano máis quixemos conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia. O mércores 30 de xaneiro, data oficial para esta celebración, realizamos unha sinxela pero cálida cerimonia de exhaltación da cultura da paz, reunindo a todos/as os nenos/as da nosa escola para lanzar a nosa sentida mensaxe. 

Comezamos lendo o Manifesto pola Paz, redactado con moito esmero por Antonio González, alumno de 4º da ESO e xa todo un veterano na elaboración de textos para Monferosolidario, así como para o xornal Xesteira do EDLG. Acto seguido, os nenos e nenas de 4º de primaria recitaron unha serie de frases a modo de parellas contrapostas, dando a entender que se non é posible acabar coa violencia, si que temos na nosas mans certas estratexias para combatila. Dúas alumnas dese mesmo curso fixeron a lectura do fermosísimo Manifesto de Martin Luther King. Posteriormente os rapaces e rapazas de 6º dixeron en voz alta outra serie de frases e reflexións sobre a paz e a violencia. E como broche final todos xuntos participamos na interpretación do afamado "Himno da Alegría", interpretado con frautas e instrumentos de praca polo alumnado de secundaria e cantado e coreado polo resto dos asistentes. 

A este significativo acto sumámoslle outra serie de accións que sirven para enriquecer a mensaxe pacífica que tratamos de exportar os profesores/as e alumnos/as do CPI Virxe da Cela: un enorme mural con dúas pombas da paz compartindo o lugar central e unha serie de frases para reflexionar, a edición dunha serie de adhesivos que repartiremos próximamente entre o alumnado do centro, a interpretación dun simpático "Rap da Paz" interpretado polo alumnado de relixión de 1º da ESO, un programa sobre a paz no canal " O xestal nas ondas" realizado polo alumnado de 2º da ESO e un traballo de concienciación e sensibilización realizado nas materias de Educación para a Cidadanía e Ética.

                        












Programa de radio feito polos alumnos/as de 2º da ESO co gallo do Día Escolar da Paz.

                                     

 DEBUXOS DÍA DA PAZ

martes, 25 de enero de 2011

DÍA DA PAZ


O próximo día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Neste día, ademais de conmemorar o aniversario da morte de Gandhi, trataremos de imaxinar un mundo sen violencia, sen guerra, sen odio, sen prexuízos, sen pobreza... un mundo no que todos podamos vivir en harmonía e igualdade.
O obxectivo deste día é resaltar a importancia da educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. E destacar o papel dos centros educativos como instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

O educador e pacifista que fundou no ano 1964 o Día Escolar da Non Violencia e a Paz foi Lorenzo Vidal. Si queredes saber mais sobre el e a súa obra podedes picar no seguinte enlace: Lorenzo Vidal


Aquí podedes ver unha mensaxe que vos deixa aos rapaces e rapazas do cole.




Aquí temos algúns dos deseños convertidos en pegatinas,que fixeron os rapaces e rapazas do noso cole.

miércoles, 27 de enero de 2010

30 XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ


Para que a paz sexa algo máis ca un conto

Moitas persoas diante da idea de escribir, investigar, educar ou traballar sobre a paz e os conflitos, exclaman, ah!, pero..., é que estamos en guerra?. Esta actitude, de certa incredulidade, ese sorriso condescendente cando falamos de Cultura de Paz, colócanos -de inmediato- sobre unha realidade da que, ás veces, non somos plenamente conscientes, xa que para un bo número de cidadáns e cidadás, para moitos alumnos e alumnas, a guerra e os conflitos son, por sorte, horizontes afastados, nada que teña que ver coas súas propias vidas cotiás, máis ou menos acomodadas, na sociedade da opulencia e o benestar, nos barrios ricos do planeta.
Para outras, a guerra, a violencia, son un recordo vago, unha historia que se perde entre brumas pretéritas, salvo para aquelas que tiveron a desgraza de vivir e de sobrevivir á “Victoria” e non á Paz, ao medo e ao espanto, aos silencios que aterrorizaron a alma e enmudeceron a memoria. Por iso resulta imprescindible falar, estudar, investigar, reflexionar, sobre a guerra, as guerras e a violencia, entre outras cousas, para espantar ós nosos propios demos, os únicos que existen, aqueles que aniñan no máis profundo do noso corazón, así de sinxelo o dicía Mahatma Gandhi.
Difundamos na escola, na vida e na sociedade, que a paz é moito máis que un fermoso conto infantil, de pombas e globos... para representar cada ano a finais do mes de xaneiro, no cabodano da morte do Mahatma Gandhi.

A cultura da paz tense que implantar nas nosas vidas potenciando a educación para a paz, a non-violencia e os dereitos humanos, a través da promoción da investigación para a paz, da eliminación da intolerancia, da promoción do diálogo e da non-violencia, dos valores, actitudes, prácticas, sentimentos e crenzas que acaban conformando a paz.

Traballemos tódolos días por unha cultura de paz


Os alumnos de 2º e 3º da E.S.O. fixeron un mural donde expresaron e reflexionaron, mediante debuxos e textos, o que é para eles a paz









lunes, 11 de mayo de 2009

O DÍA DA PAZ



Texto elaborado polo alumnado de 3º de Primaria:



O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, aínda que todos os días do ano debemos procurar que sexan días de Paz.
Fixemos un mural cunha pomba: collemos un folio e marcamos as nosas mans, recortámolas e rizamos os dedos coas tesoiras. Logo pegámolas no corpo da pomba.O ceo pintámolo con esponxas e témpera.
A pomba e as nosas mans xuntas simbolizan a Paz.
Tamén puxemos un corazón cunha frase porque o amor é símbolo de Paz.
Finalmente, falamos de que a Paz comeza estando contentos e en paz con nós mesmos, logo coa familia, veciños, profes, compañeiros…
O mural quedounos así de “chulo”, ¿Gústavos?



OS NENOS DE 3º DE PRIMARIA CONSIDERAMOS QUE TEMOS DEREITO A:

- Ter amigos e xogar con eles.
- Aprender e recibir educación.
- A ler.
- A rir
- Á sanidade.
- Descansar.
- Facer plástica.
- Ler moito.
- Ir ao baño cando sexa necesario.
- Preguntarlle á profe se non se entende algo ou se temos dudas.
- Facer as mesmas cousas ca os demais.
- A que nos escoiten cando falamos.
- Que non nos peguen.
- Decidir algo e falalo cos demais.
- Ir de excursión e non escapar.
- Facer traballos en grupo.
- Estudar.
- Comer.
- Ser respetado.
- Transporte escolar.
- Divertirnos aprendendo.
- Facer deporte.
- Que non nos peguen.


MAIS TAMÉN TEMOS O DEBER DE:

- Estudar e facelos deberes.
- Escribir o mellor que sepamos e sen faltas.
- Coidar o material, os libros da biblioteca…
- Non pegar nin facer trampa nos xogos.
- Ir limpos.
- Ser educados e ordenados.
- Respetar ós compañeiros, ós profesores e as normas da clase.
- Non destragar a comida.
- Atender á profe e facer os deberes.
- Non insultar, non facer burlas nin decir” palabrotas”.
- Ser bos e non facer dano ós demais.
- Non berrar no comedor escolar.
- Non pelexarse nos recreos.
- Facer examenes e intentar non suspender.
- Mellorar o noso comportamento.E prestar as nosas cousas.
- Sacudir os pés antes de entrar na clase.
- Obedecer e escoitar a Marisol, a nosa profesora.
- Escoitar, pensar, non estar “papando moscas”.
- Non interrumpir cando alguén está falando.
- Non mentir.Axudar ós demais e non desprecialos.
- Decirlle a unha profe que un neno me pegou en vez de pegarlle outra vez.E preocuparme polos demais.