miércoles, 30 de enero de 2013

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ: 30 XANEIRO 2013

Un ano máis quixemos conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia. O mércores 30 de xaneiro, data oficial para esta celebración, realizamos unha sinxela pero cálida cerimonia de exhaltación da cultura da paz, reunindo a todos/as os nenos/as da nosa escola para lanzar a nosa sentida mensaxe. 

Comezamos lendo o Manifesto pola Paz, redactado con moito esmero por Antonio González, alumno de 4º da ESO e xa todo un veterano na elaboración de textos para Monferosolidario, así como para o xornal Xesteira do EDLG. Acto seguido, os nenos e nenas de 4º de primaria recitaron unha serie de frases a modo de parellas contrapostas, dando a entender que se non é posible acabar coa violencia, si que temos na nosas mans certas estratexias para combatila. Dúas alumnas dese mesmo curso fixeron a lectura do fermosísimo Manifesto de Martin Luther King. Posteriormente os rapaces e rapazas de 6º dixeron en voz alta outra serie de frases e reflexións sobre a paz e a violencia. E como broche final todos xuntos participamos na interpretación do afamado "Himno da Alegría", interpretado con frautas e instrumentos de praca polo alumnado de secundaria e cantado e coreado polo resto dos asistentes. 

A este significativo acto sumámoslle outra serie de accións que sirven para enriquecer a mensaxe pacífica que tratamos de exportar os profesores/as e alumnos/as do CPI Virxe da Cela: un enorme mural con dúas pombas da paz compartindo o lugar central e unha serie de frases para reflexionar, a edición dunha serie de adhesivos que repartiremos próximamente entre o alumnado do centro, a interpretación dun simpático "Rap da Paz" interpretado polo alumnado de relixión de 1º da ESO, un programa sobre a paz no canal " O xestal nas ondas" realizado polo alumnado de 2º da ESO e un traballo de concienciación e sensibilización realizado nas materias de Educación para a Cidadanía e Ética.

                        












Programa de radio feito polos alumnos/as de 2º da ESO co gallo do Día Escolar da Paz.

                                     

 DEBUXOS DÍA DA PAZ

11 comentarios:

  1. -CAPACITADOS E DISCAPACITADOS-

    O outro día, coa nosa profesora de cidadanía , fumos ver o vídeo de capacitados e discapacitados,un vídeo que vai sobre persoas famosas que por un día tiveron a ocasión de sentirse igual cas persoas discapacitadas.Dixeron que se sentían moi diferentes nos lugares desas persoas.
    Déronse de conta da vida que están pasando día a día esas persoas discapacitadas, e os problemas que teñen para entrar ou simplemente acceder a lugares.
    Despois dun día na pel duns discapacitados dánse de conta de que a súa vida non é tan fácil como parece, e que ás veces aínda é máis difícil cá nosa vida.
    Nós cremos que está ben poñerse nos lugares desas persoas xa que moitas delas non poden poñerse nos nosos lugares.Todos e todas debemos entender as situacións de moitos deles e delas porque se nos estivésemos nos seus lugares, pois gustaríanos que a xente non nos dése de lado e podernos divertir igual.

    Cintia Grueiro Buján
    Iria Varela Infante

    ResponderEliminar
  2. Laura Muíño 2º ESO5 de marzo de 2013, 13:13

    O dia 30 de xaneiro celebramos un pequeño manifesto pola paz , un alumno de 4 da eso leu un manifesto sobre martin lother king , outros leeron un conto ,o nenos e nenas de 4 de primaria cantaron a cancion de himno da alegria , e toda a eso acompañamolos coa flauta .
    A min pareceme ben celebrar ese manifesto porque aunque saibamos o que e a paz, con ese manifesto daste conta mais ainda de que o estas facendo ben sendo bo coas persoas , cos teus compañeiros e profesores .

    ResponderEliminar
  3. antía gómez 2ºESO5 de marzo de 2013, 13:19

    DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
    Este 30 de xaneiro celebramos no colexio o día mundial de paz e a non violencia.
    Para conmemoralo, uns alumnos de primaria e una de 4º da ESO crearon cadanseu manifesto. Despois disto tocamos os da ESO a canción da alegría mentres os nenos da primaria cantabana.
    Aínda que durou pouco pasamolo ben.

    ResponderEliminar
  4. DÍA DA PAZ:
    Un ano máis no CPI Virxe da Cela celebramos o día da paz lendo manifestos e unhas frases sobre a paz, logo algúns alumnos tocamos e cantarmos o himno da alegría. Estivo moi ben e debería celebrarse máis dunha vez ao ano. En resumen tería que selo todos os días porque sempre hai un motivo para ser solidario, respetarse e estar en armonía cos demais. Que todos día o sexa e algo importante.
    As cancións, os poemas e o manifesto de Martin Luther King foron algunhas das actividades que realizamos. Para o ano esperamos repetir.
    Sofía Pena Freire
    Erea Fernández Lence

    ResponderEliminar
  5. Laura Sanjuán e Adrián Filgueiras5 de marzo de 2013, 13:22

    No noso centro o día da paz e da non violencia realizamos coma case todos os anos un acto recordando ese día.
    No noso colexio algúns nenos de cuarto de Educación Primaria leron unhas frases por parellas sobre a paz, tamén dúas nenas de este mesmo curso leron un manifesto de Martin Luther King e por último os alumnos de secundaria tocamos o Himno da Alegría acompañado polos alumnos de sexto e quinto de primaria que cantaban.
    Este tipo de actos non se poden deixar de facer porque son moi bonitos e ademais mentres que se preparan os nenos e nenas aprendemos sobre a paz e que non queremos as guerras.

    ResponderEliminar
  6. A nós pareceunos moi bonita a manifestación da Paz xa que desta forma ensinámoslle a moita xente a non pelexar, a non cometer delitos, etc. Isto,serve para que moita xente poida aprender que non pelexando pódese levar a cabo unha vida mellor.



    Iria Varela Infante
    Cintia Grueiro Buján

    ResponderEliminar
  7. Pablo Medín. O pasado día 30 de decembro celebramos no noso colexio o día da paz, onde fixemos unha serie de actos. Nos que figuraba a lectura dun manifesto de Martin Lutherking. Outro acto que destacou foi o Himno da Alegría tocado coa frauta polos alumnos de secundaria, mentres algúns de primaria o cantaban.
    Eu penso que en todos os colexios deberiamos facer un acto o día da paz a unha hora determinada. Pois é moi importante celebrar o día da paz, porque é un suceso no que todo o mundo debería vivir en harmonía e que non houbera desigualdades. Non debería haber países ricos, pobres e de crase media. Todos deberiamos ter o mesmo rango e así, todos os días serían o día da paz.
    Ou polo menos poderíanse dar axudas aos países non desenvolvidos especialmente o día da paz, para que puidesen vivir un pouco mellor. Porque todos temos dereito a vivir en boas condicións, porque todos somos iguais.
    Tamén é moi importante que non haxa violencia. Sexa de xénero, a menores ou a animais.

    ResponderEliminar
  8. Alex Bernárdez 2º ESO8 de marzo de 2013, 10:03

    Este día me pareció muy especial. Porque alumnos de Educación Primaria leyeron unos manifiestos de gente que revolucionó la sociedad que conocemos hoy en día. También tocamos el himno de la alegría en conjunto con los de 3º de E.S.O que no salió como esperábamos, pero estuvo bien y me reí bastante.

    ResponderEliminar
  9. A xente ás veces fai cousas malas e ás veces fai cousas boas. Para intentar concienciar á xente de que faga cousas boas, o 30 de xaneiro celébrase Día da Paz. O Día da Paz é un evento no que normalmente se tira unha pomba, pero, sen embargo, non a puidemos tirar porque chovía, e a pombiña collía frío e resfriábase como Alex e Óscar de 2º, Verónica (A de música), Pedro (O de matemáticas) e eu. Foi un día especialmente divertido, e non polo feito de perder clase. Ao principio a xente de primaria leu certas frases de Martin Luther King, ocasión que aproveitou a profesora de Educación para a Cidadanía para mandarnos uns bonitos traballos para facer.

    ResponderEliminar
  10. Alex Bernárdez (2º ESO)12 de marzo de 2013, 13:22

    El día 30 de enero de 2013, celebramos en el colegio el día de la Paz. Este día se celebra para conmemorar el intento de personas como Mahatma Gandhi o mismo Martin Luther King para promover la paz por todo el mundo y vivir en un mundo más tranquilo. Luego de explicar sobre qué trata el día de la Paz, iré al grano. El 30 hicimos una celebración de la Paz muy especial. Porque estaba LLOVIENDO. Estábamos (casi) todo el colegio reunido en la pequeña salita que hay delante de la puerta de la sala de profesores. Los alumnos de 6º de Primaria leyeron unos manifiestos de Mahatma Gandhi y nosotros, los alumnos de 2º de ES0, tocamos en conjunto con los alumnos de 3º y 4º, el himno de la alegría. Aunque no todo salió como lo esperado, me lo pasé muy bien, porque hubo muchas risas. Lo malo es que este año, al estar lloviendo, no pudimos soltar ninguna paloma. Espero que el año que viene el tiempo favorezca un poco y podamos hacerlo al aire libre.

    ResponderEliminar
  11. Alexandra Gheorghe (2º ESO)O dia 30 de xañeiro un miercoles celebramos o dia da paz a no violencia con todos os alumnos da eso de primaria y los profesores. Os alumnos de primaria cantaron el imno de la alegria y los de la eso los acompañamos tocando la flauta.Fue muy bonito espero que se repita cada año Aunque me gusto mas el año pasado porque habia una paloma blanca da paz que la hisimos volar y celebramos el dia de la paz a fuera al aire libre.

    ResponderEliminar