Mostrando entradas con la etiqueta Asociación de Redeiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asociación de Redeiras. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de diciembre de 2024

ASOCIACIÓN DE REDEIRAS O FEITAL. MALPICA

O martes 17 de decembro de 2024 levouse a cabo a última das actividades planificadas para este trimestre dentro do proxecto  Education4ThePlanet: a xuventude galega activada pola Axenda 2030 e a acción polo clima (2024-2025), financiado pola Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Esta actividade consistiu na visita a unha explotación do sector primario liderada por mulleres, concretamente a Asociación de Redeiras O Feital de Malpica. Fumos recibidos no CAT (Centro de Artesanía e Tradición) de Buño por Ángeles Mille Rodríguez, e nese mesmo edificio realizamos a primeira parte da actividade, consistente en charla-obradoiro sobre o oficio das redeiras, impartida por Verónica Veres Tasende e Pilar García Ricoy. Aprendimos moitas cousas sobre o oficio, e incluso chegamos a facer prácticas coas agullas de tecer. Visitamos diferentes espazos do CAT, vencellados ao oficio da pesca e das redeiras, e xa como broche final o alumnado do CPI Virxe da Cela realizou diferentes preguntas a Verónica Veres, para afondar no impacto do cambio climático nos oficios de mar e analizar o papel da muller nesea explotación do sector primario. A continuación visitamos o Cabo e a Ermita de Santo Adrián, e xa en Malpica estivemos na zona do porto, onde a asociacion O Fieital ten a súa sede. 

O proxecto "Education4ThePlanet" establece como obxectivo xeral fomentar unha mocidade activa en Galicia, que contribúa na loita contra a emerxencia climática e ao cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, desde a transformación de actitudes propias e a promoción da sensibilización da súa contorna.