O martes 15 de xuño de 2021 adicamos unha nova sesión das clases de relixión e valores éticos na ESO para poñer en práctica os xogos deseñados polo alumnado, propostas encamiñadas a espertar a conciencia ecolóxica e sensibilizar sobre o coidado do medioambiente. Os rapaces e rapazas de 1º e 3º da ESO gozaron con estes xogos variados, que ao final de curso formarán parte dun caderno ou guía educativo e serán difundidos para que podan ter a réplica noutros cursos e outros centros educativos. Igualmente a actividade de hoxe serviranos para completar os méritos e acadar unha merecida Medalla Verde no proxecto de Olimpiadas Solidarias que estamos a desenvolver neste último trimestre escolar.
martes, 15 de junio de 2021
miércoles, 9 de junio de 2021
XOGOS ECOLÓXICOS PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE
Hoxe, mércores 9 de xuño 2021, tocoulles aos rapaces e rapazas de 2º da ESO levar á práctica os xogos que eles/as mesmos deseñaron para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente (5 xuño). Neste ocasión tratouse dun partido de "Eco-fútbol" a través do cal aprendíanse a recoller residuos, a regras das 3R "reducir, reutilizar e reciclar", etc. e dun xogo da Caza do Tesouro no que, recollendo todas as pistas que estaban ocultadas polo centro escolar, acabaríase descifrando a palabra máxica "Ecoloxía". Foi unha forma de aprender a través do deporte a valorar e respectar o noso Planeta, e que nos levará tamén a acadar a Medalla Verde (Olimpiada da Solidariedade).
lunes, 7 de junio de 2021
5 XUÑO: DÍA MUNDIAL MEDIOAMBIENTE
O día 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medioambiente. Nas materias de valores éticos e relixión o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO están a deseñar xogos educativos que nos permitan reflexionar sobre o coidado do medioambiente. Con todas as propostas maquetaremos un pequeno caderno e o publicaremos para compartir con outros alumnos e docentes que estean interesados nelas. Por suposto tamén aproveitaremos os días soleados do mes de xuño para levalos á práctica no CPI Virxe da Cela!Que mellor maneira de unir deporte, xogo e educación para o desenvolvemento e a cidadanía global! A través desta actividade tamén acadaremos unha ben merecida Medalla Verde nas Olimpiadas da Solidariedade que organiza a ONG Taller de Solidaridad.
5 Xuño Medio Ambiente by veracruces on Scribd
martes, 11 de mayo de 2021
MEDALLA AMARELA OLIMPIADAS SOLIDARIEDADE: XOGAMOS PARA UN COMERCIO XUSTO
O pasado sábado 8 de maio celebrouse o Día Internacional do Comercio Xusto. Aproveitamos a ocasión para lanzarnos á consecución dunha nova medalla, a Medalla Amarela, nas Olimpiadas da Solidariedade da ONG Taller de Solidariedade, tratando de buscar opcións para construír unha sociedade máis xusta a través de actividades deportivas. Nesta ocasión preparamos un xogo na que os alumnos/as, divididos en grupos, poderían optar a elementos o dereitos imprescindibles e tamén a outros bens, produtos ou servizos que no poden aportar felicidade e practicidade nas nosas vidas pero que non son de primeira necesidade. Aprendimos que non todo o mundo pode optar a estes bens, que existen regras inxustas que benefician a colectivos e perxudican a outros, e que non só nas mans dos mandatarios está a posibilidade de revertir esta situación, senón que as nosas propias decisións, pensando e reflexionando sobre o que queremos comprar, poder axudar á construción dunha sociedade máis equilibrada.
viernes, 23 de abril de 2021
23 ABRIL: DÍA DO LIBRO. DE NENAS E LENDAS
Hoxe, venres 23 de abril de 2021, conmemoramos o Día do Libro a través da lectura da obra "De nenas e de lendas", que recolle a biografía e os logros dun grupo de mulleres deportistas españolas. O alumnado de 4º da ESO, tras a lectura dos textos, iniciaron un interesante debate en torno á situación da muller no deporte, analizando como todavía no século XXI temos moito camiño que recoller para visibilizar os logros das mulleres deportistas. Con esta actividade unímonos á proposta da ONG de Taller de Solidariedade, e permitiranos alcanzar a segunda medalla, Medalla Azul, da Olimpiada da Solidariedade.
CartelMedallaAzul- by veracruces on Scribd
martes, 20 de abril de 2021
COEDUCANDO A TRAVÉS DA LECTURA E O DEPORTE
Aínda que faltan uns días para celebrar o Día do Libro (será o vindeiro venres 23 de abril), o alumnado de 3º da ESO aproveitou a sesión de Valores Éticos+Relixión para facer unha lectura colectiva do libro "De nenas e lendas", acción que nos axudará a acadar a segunda medalla (Medalla Azul) da Olimpiada da Solidariedade (proxecto promovido pola ONG Taller de Solidariedade). Nesta actividad unimos deporte e lectura para promover un cambio de actitudes e unha visión crítica, reivindicando a visibilización da muller no deporte.
martes, 6 de abril de 2021
OLIMPIADAS DA SOLIDARIEDADE: 6 ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE E DA PAZ
Hoxe, 6 de abril de 2021, celebramos o "Día Internacional do Deporte e da Paz" participando na primeira das actividades programadas no proxecto "Olimpiadas da Solidariedade", unha iniciativa da ONG Taller de Solidariedade.
Os rapaces e rapazas da ESO, nas materias de Relixión e Valores Éticos, xogaron a unha particular modalidade de "Brilet Solidario": un xogo de balón prisioneiro no que, ademais de facer deporte e divertirnos, o alumando reflexionará sobre a interacción dos dereitos humanos coas reglas básicas do xogo, isto é, poñer o deporte ao servizo do desenvolvemento armónico do ser humano coa finalidade de favorecer o establecemento dunha sociedade pacífica e comprometida co mantemento dos Dereitos Humanos. Nesta particular versión do xogo do brilet o noso alumnado poido experimentar a privación de dereitos fundamentais: dereito á vida, dereito á educación, igualdade, liberdade de pensamento, liberdade de pensamento e asilo, etc... a través de normas específicas como xogar cunha soa man, privados de calzados, eliminar xogadores arbitrariamente, etc..
Realizando esta actividade acaderamos a primeira das medallas olímpicas: a Medalla Negra.
Cartel Medal La Negra by veracruces on Scribd
miércoles, 24 de marzo de 2021
OLIMPIADA DA SOLIDARIEDADE: ENTRENO CONCIENCIA
Cartel Medal La Negra by veracruces on Scribd