Hoxe, 6 de abril de 2021, celebramos o "Día Internacional do Deporte e da Paz" participando na primeira das actividades programadas no proxecto "Olimpiadas da Solidariedade", unha iniciativa da ONG Taller de Solidariedade.
Os rapaces e rapazas da ESO, nas materias de Relixión e Valores Éticos, xogaron a unha particular modalidade de "Brilet Solidario": un xogo de balón prisioneiro no que, ademais de facer deporte e divertirnos, o alumando reflexionará sobre a interacción dos dereitos humanos coas reglas básicas do xogo, isto é, poñer o deporte ao servizo do desenvolvemento armónico do ser humano coa finalidade de favorecer o establecemento dunha sociedade pacífica e comprometida co mantemento dos Dereitos Humanos. Nesta particular versión do xogo do brilet o noso alumnado poido experimentar a privación de dereitos fundamentais: dereito á vida, dereito á educación, igualdade, liberdade de pensamento, liberdade de pensamento e asilo, etc... a través de normas específicas como xogar cunha soa man, privados de calzados, eliminar xogadores arbitrariamente, etc..
Realizando esta actividade acaderamos a primeira das medallas olímpicas: a Medalla Negra.
Cartel Medal La Negra by veracruces on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario