jueves, 8 de abril de 2021

ENCONTRO VIRTUAL DO I PREMIO GALEGO EPDCG






xoves, 8 de abril, de 18.30 a 20:00 horas. Plataforma Zoom

O xoves, día 8 de abril, celebrouse un acto virtual que tivo coma obxectivo o recoñecemento aos centros educativos participantes na primeira edición do I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (Plataforma Zoom, de 18:30 a 20:00 horas). Do acto participou o profesorado, representantes da Coordinadora Galega de ONGD e Solidariedade Internacional de Galicia, así coma os membros do xurado. Como despedida deste encontro contamos coa experiencia das "Cholitas Escaladoras"

Nesta primeira edición participaron 19 centros educativos ( (7 correspondentes á Categoría A: Educación Infantil e Primaria; e 12 correspondentes á Categoría B: ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas) que presentaron experiencias educativas, proxectos e propostas pedagóxicas realizadas durante os dous últimos cursos escolares: 2019-2020 e 2018-2019. Un xurado composto por seis persoas vinculadas ao mundo da educación, a cooperación e a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global en Galicia avaliou as candidaturas e aprobou por unanimidade a resolución do Premio.O CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo e o CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero foron os dous centros gañadores desta primeira edición. Nos seguintes videos podes coñecer todas as experiencias participantes;

 
              

No hay comentarios:

Publicar un comentario