Mostrando entradas con la etiqueta Xuventude e Voluntariado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xuventude e Voluntariado. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de marzo de 2015

OBRADOIROS XUVENTUDE E VOLUNTARIADO XUNTA DE GALICIA














      Un grupiño de alumnos/as de 3º da ESO mostra as camisetas de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, un pequeno agasallo que recibiron todos os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela tras a súa participación nos obradoiros celebrados na mañá do venres 27 de marzo como complemento á xornada especial do “VII Rastro Solidario e Operación Quilo 2015”. 

      Estes obradoiros foron ofertados no noso centro a través de Pablo Rodríguez Gómez (Rede Galega de Dinamización Xuvenil da Xunta de Galicia), que desde inicios deste curso escolar 2014-2015 ofreceu a súa axuda e colaboración para apoiar o noso proxecto Monferosolidario. Acompañado por Borja (monitor do obradoiro) instalaron unha vistosa minicarpa no patio cuberto, un equipo de música e… a xogar! Rapaces e rapazas correron, bailaron e repartiron gargalladas coas diferentes probas que tiveron que superar. Xa de maneira máis tranquila e reflexiva, a segunda parte deste obradoiro efectuouse na sala de Usos Múltiples, e con materiais tan sinxelos como vasos de plástico os diferentes grupos tiveron que afrontar o reto de construír unha obra de arte. A clave do éxito deste xogo consistía en saber traballar cooperando, facer un bo reparto de tarefas e aprender a escoitar e respectar as diferentes propostas, chegando a unha decisión consensuada.  
     
     Está claro que a mais das camisetas, os alumnos e alumnas lévanse de regalo unha valiosa aprendizaxe para o seu futuro: todo un kit de habilidades para o traballo cooperativo, e un pack de valores para o respecto e a solidariedade!