Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos dos nenos 2023. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos dos nenos 2023. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de noviembre de 2023

CONTACONTOS DEREITOS DA INFANCIA

O mércores 22 de novembro o alumnado de 1º e 2º da ESO ESO realizaron unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de infantil e  1º e 2º de primaria.

A través do conto “Artai, O neno xigante” aprendemos que os nenos e nenas deben ser protexidos contra toda forma de abandono, malos tratos, crueldade e abusos. Non deberá permitirse aos nenos e nenas traballar antes da idade mínima adecuada...' e non poden ser explotados.

O alumnado da ESO repartidos por parellas e en grupos, explicáronlles aos máis pequenos/as o por que da celebración desta data tan importante, narraron o conto de “O neno xigante”, repartiron un pequeno agasallo a todos os asistentes (a silueta dunha man que contén un dereito fundamental) e dinamizaron a actividade cun simpático xogo de pasapalabras.

Non nos queda máis que recordar a todos que estas datas sinaladas son para celebrar os 365 días do ano!!!

      Aquí vos deixamos o conto de Antón, o neno que non quería ir á escola.

Artai, o Neno Xigante by yolick20003194 on Scribd