Xoves 19 xuño 2024. Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). O conselleiro de Educación preside a entrega dos galardóns. Os premios Innovagal recoñecen o labor dos centros de Outes, Cerceda, Vilanova, Zas, Tui, Monfero, Vigo e Celanova a prol da innovación educativa. O obxectivo é poñer en valor os centros que desenvolven enfoques didácticos para dar reposta ás necesidades particulares do seu alumnado.
O CPI Plurilingüe Virxe de Cela tamén é galardoado con este premio polo proxecto MonferoSolidario, que ten como obxectivo mellorar a calidade educativa e dar respostas ás necesidades identificadas polo claustro.
Parabéns a todo a comunidade educativa do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, xa que a A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución pola que se resolven os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2023/24. O noso centro resultou premiado na categoría B, correspondente a centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de adultos, concretamente acadando o Terceiro Premio.
O CPI Plurilingüe Virxe da Cela fíxose co terceiro premio grazas ao seu proxecto de centro Monferosolidario, cunha aposta como Unha Escola no Medio e Para o Medio, que ten o obxectivo de mellorar a calidade educativa e dar resposta ás necesidades identificadas polo claustro. As actuación abarcan ámbitos de organización, de mellora das competencias lingüísticas, matemáticas e dixitais, e traballan aspectos emocionais e hábitos de vida saudable e desenvolvemento sostible, entre outras.
Os centros premiados na categoría A, correspondente cos ciclos de educación infantil, primaria, educación especial e centros rurais agrupados, son os seguintes:
Primeiro premio: CEIP Plurilingüe de Outes (Outes, A Coruña)
Segundo premio: CEIP de Viñagrande-Deiro (Vilanova de Arousa, Pontevedra)
Mención de honra: CEIP Plurilingüe da Carrasqueira (Vigo, Pontevedra)
Na categoría B, correspondente a centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de adultos, os premiados son:
Primeiro premio: CPI Plurilingüe O Cruce (Cerceda, A Coruña)
Segundo premio: IES Maximino Romero de Lema (Zas, A Coruña)
Terceiro premio: CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero, A Coruña)
Mención de honra: IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova, Ourense)