Mostrando entradas con la etiqueta Parlamento Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Parlamento Galego. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de junio de 2025

COMISIÓN MIXTA DE SEGUIMENTO CME 2025

Co obxectivo de reforzar a dimensión de incidencia política do proxecto Campaña Mundial Pola Educación 2025, e para  garantir o cumprimento efectivo do dereito de participación da infancia e da adolescencia, constitúese a Comisión Mixta de Seguimento do Acto Central no Parlamento de Galicia, e lévase a cabo o mercares 18 de xuño de 2025, participando o alumnado de 1º da ESO do CPI Vire da Cela. Esta comisión ten como finalidade principal facer seguimento do grao de cumprimento das peticións e demandas realizadas polos nenos, nenas e adolescentes (NNA) participantes nos actos centrais de incidencia política promovidos pola Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia. Así mesmo, busca promover o diálogo e a rendición de contas por parte dos representantes políticos en materia educativa. 

Ás 12:00 horas preséntase a sesión e os representantes das diferentes forzas políticas (Cecilia Vázquez-PP,  Julio Abalde-PSdeGe e Cristina Fernández-BNG) tiveron un espazo para compartir as demandas e motivacións coas que quedaron logo do acto no Parlamento o día 23 de maio 2025.  Finalmente, o estudantado de 1º da ESO tivo o seu tempo para facer algunha pregunta ou comentario e sentirse escoitado nas seas demandas.





premer na imaxe para acceder á nota de prensa

lunes, 3 de junio de 2024

ALUMNADO DE 4º DA ESO NO PARLAMENTO GALEGO: CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

O martes 4 de xuño de 2024 o alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela participou nun acto de incidencia política realizado no Parlamento Galego, como punto álxido da Campaña Mundial pola Educación. Iria Lence e Iván Bermúdez, voceiros do grupo, dirixíronse aos políticos facendo unha serie de peticións para poder erradicar o discurso do odio, tema central da CME deste ano 2024.  Santiago de Compostela.




12:00 Breve saúdo do presidente do Parlamento de Galicia, D. Miguel Ángel Santalices Vieira. 

12:05 Intervención da representante da Campaña Mundial pola Educación, Dª Mónica Viqueira Martínez (dende a Mesa) (5’) 

12:10 Intervención do director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, D. Jesús Manuel Álvarez Bértolo (dende a mesa) (5’) 

12:15 Intervencións do alumnado para expoñer as reflexións xeradas nos centros educativos e as súas propostas en favor da loita contra o discurso de odio (dende a tribuna) (2’/centro) 

1. CEIP PLURILINGÜE DAS VENDAS DA BARREIRA (RIÓS. OURENSE) 

2. CEIP VÍCTOR SÁENZ (MAZARICOS. A CORUÑA) 

3. CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA (MONFERO. A CORUÑA) 

4. COLEXIO PLURILINGÜE A INMACULADA (MARISTAS. LUGO) 

5. ENTIDADE: ESTUDANTES POLA INCLUSIÓN 

6. USC: ALUMNAS DO GRAO DE PEDAGOXÍA 

12:30 Intervención dos representantes dos grupos parlamentarios (dende escano) (3’) • GP Mixto: D. Armando Ojea Bouzo • GP dos Socialistas de Galicia: D. Julio Abalde Alonso • GP do Bloque Nacionalista Galego: Dª Cristina Fernández Davila  • GP Popular de Galicia: D. Raúl Santamaría González 

12:45 Intervención e peche do presidente do Parlamento de Galicia (5’) 

Discurso Cpi Virxe Da Cela ... by veracruces

CRÓNICA CME PARLAMENTO 4ºESO by veracruces

miércoles, 8 de mayo de 2024

SEGUNDA SESIÓN PREPARACIÓN DISCURSO CME

Andrea Iglesias, técnica de EDUCO, visita de novo o noso centro o mércores 8 maio 2024 para impartir ao alumnado de 4º da ESO unha segunda sesión de formación para preparar o discurso que levaremos ao Parlamento Galego o vindeiro martes 4 de xuño, dentro da Campaña Mundial pola Educación. Xa coas ideas extraídas na primeira sesión de formación que se realizou fai un par de semanas, agora os rapaces e rapazas de 4º da ESO empezaron a redactar o texto, seguindo as directrices de Andrea, experta en ciencias políticas. Aínda non temos o resultado final, teremos que darlle unhas voltas, pero o que si temos moi claro é que queremos reivindicar a importancia da erradicación dos discursos do odio, e iso é responsabilidade de toda a cidadanía.



martes, 6 de junio de 2023

O CPI VIRXE DA CELA NO PARLAMENTO GALEGO: CME 2023

 Alejandra Arnoso (4º EP) e Elías Espiñera (1º ESO) representaron ao alumnado do CPI Virxe da Cela (Monfero) no acto parlamentario adicado á Campaña Mundial pola Educación que tivo lugar o martes 6 de xuño 2023 no Parlamento de Galicia (Santiago de Compostela). A coalición galega da Campaña Mundial pola Educación (CME) convidou ao noso centro a esta acción de incidencia, na que o alumnado de varios colexios galegos, achegaron as súas demandas e preguntas aos gobernantes máis implicados na defensa do dereito á Educación. A través desta experiencia o noso alumnado faremos ao noso alumnad partífices activos da sociedade como cidadanía empoderada.

     A Campaña Mundial pola Educación (CME) é unha coalición internacional formada por ONGs, sindicatos do ámbito educativo, centros educativos e movementos sociais que se mobilizan para esixir o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos Estados para garantir o acceso a unha educación de calidade. Estamos presentes en Galicia, coa participación, entre outros, da Fundación Educación e Cooperación (Educo), Ayuda en Acción, Entreculturas, Taller de Solidaridad e a Universidade de Santiago de Compostela. 



Discurso CPI Virxe Da Cela_combinado (1).Docx by veracruces on Scribd

viernes, 19 de mayo de 2023

OBRADOIRO CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

Un ano máiso CPI Virxe da Cela participa activamente na Campaña Mundial pola Educación. Temos xa a mirada posta na nosa intervención no Parlamento Galego, que terá lugar o vindeiro martes 6 de xuño de 2023. Por iso xa estamos a preparar o noso discurso. Supervisados e guiados por Laura Álvarez, e a través da Fundación Ayuda en Acción, tres alumnos que cursan a materia de Proxecto Competencial en 1º da ESO, xa están hoxe (venres 19 de maio de 2023) a redactar ideas para poder ter un fío conductor e dirixirse aos nosos representantes políticos as súas demandas para acadar unha educación de calidade, e baseada na igualdade (xa o din o lema da CME: TransformAcción pola Igualdade).






viernes, 27 de mayo de 2022

OBRADOIRO DE PREPARACIÓN PARA A SAÍDA AO PARLAMENTO GALEGO

 O martes 7 de xuño de 2022 un grupo de alumnos/as de 4º da ESO, acompañados por dúas docentes, visitarán o Parlamento Galego e terán a oportunidade de falar cos representantes políticos para presentar unha serie de peticións en torno a unha educación de calidade. Para isto precísase unha preparación, así que o venres 27 de maio de 2022 tivemos no noso centro a Laura  (EDUCO), que a través de diferentes dinámicas traballou co alumnado.