Mostrando entradas con la etiqueta CME. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CME. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de mayo de 2023

PODCASTS SAME 2023

 Alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela participaron na Semana Mundial de Acción pola Educación sensibilizando á comunidade educativa a través da elaboración de podcasts radiofónicos nas materias de Educación en Valores e Relixión.Todo o proceso foi levado íntegramente polo propio alumnado: desde a elaboración do guión, a gravación e edición do audio utilizando o software Audacity e a difusión a través do canal Ivoox. 



viernes, 8 de junio de 2018

REFUXIADOS

    Dentro da Campaña Mundial pola Educación (CME) destacamos este ano a problemática de millóns de nenos e nenas refuxiados e desplazados por motivos bélicos ou por catástrofes naturais que non teñen dereito a gozar dunha educación. Froito desta reflexión naceron os seguintes traballos audiovisuais, realizados íntegramente polo alumnado, utilizando programas de edición de son e vídeo. 
    As escolas, o ensino, a educación ofrécennos oportunidades. Ábrennos portas e permítennos construir un camiño propio. Pero que pasa coas persoas, cos nenos e nenas que por diversos motivos teñen que marchar dos seus fogares? Persoas migrantes e refuxiadas que saben de onde saen pero non onde van a chegar, ou cando...






martes, 21 de noviembre de 2017

CPI VIRXE DA CELA. ACTO ESTATAL DA SEMANA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

     As alumnas Ariadna, Andrea e Nerea (1º ESO) así como a nosa directora Mª Camino Pereiro e a profesora Verónica Dopico, coordinadora de Monferosolidario, estiveron o pasado martes 21 de novembro de 2017 no Congreso dos Deputados participando no acto da Semana Mundial pola Educación. Xunto co noso cole participarán no acto outros dous centros educativos (Salamanca e Sevilla), todos representando ás escolas participantes na Campaña Mundial pola Educación. 
    Polo Virxe da Cela fixeron a súa intervención Ariadna Díaz Tondo (alumna de 1° de ESO) e a nosa directora Mª Camino Pereiro González, como embaixadoras ante as Comisións de Cooperación Internacional, Educación, Asuntos Exteriores e Comisión de Dereitos da Infancia e da Adolescencia.     Os representantes das diferentes comisións responderon ás cuestións plantexadas. Simultaneamente á celebración deste acto no Congreso dos Deputados de Madrid, o resto do alumnado e profesorado do centro participaron do mesmo como espectadores a través da emisión en directo a través da web do Congreso.








Hoxe o CPI Plurilingüe Virxe da Cela participou no Acto Estatal da Semana Mundial pola Educación.
 
No Congreso dos deputados, ante as Comisións de Cooperación Internacional, Educación, Asuntos Exteriores e Comisión de Dereitos da Infancia e a Adolescencia, a nosa alumna de 1º da ESO, Ariadna Díaz, e a nosa Directora Camino Pereiro actuaron como embaixadoras galegas representando aos máis de 2000  alumnos e alumnas que o ano pasado traballaron na Campaña Mundial pola Educación, e realizaron unha petición aos nosos gobernantes para que cumpran as súas promesas cara a consecución da Axenda 2030 en concreto do Obxectivo 4: a  Educación Universal e de Calidade.  
Noraboa as dúas!!!

Aquí podedes ver as súas intervencións





Intervención Ariadna by veronicadopico7965 on Scribd

Intervención Camino by veronicadopico7965 on Scribd

lunes, 26 de septiembre de 2016

A VOZ COMPROMETIDA

Rosa María Calaf, xornalista e reporteira de TVE durante casi 30 anos, e José Manuel Moreno, experto en dereito á educación, ofrecerán a interesante conferencia "A voz comprometida. Xornalismo, desenvolvemento sostible e dereito á educación" no marco das accións da Campaña Mundial por la Educación en Galicia. Será este xoves, 29 de setembro, ás 19:00 horas na sede da Fundación Barrié en A Coruña.


lunes, 25 de abril de 2016

A ESCOLA PROTÉXEME: SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN NO CPI VIRXE DA CELA

Esta semana no CPI Virxe da Cela unímonos á campaña da SAME, Semana de Acción Mundial pola Educación, baixo o lema "La escuela me protege". Iremos repartindo por todas as aulas estas tarxetas para que cada un de nós aporte as súas ideas, e ao final da semana faremos unha posta en común xuntando todas estas tarxetiñas baixo unha instalación de paraugas que simbolicen a protección que nos está a ofrecer a escola.








viernes, 9 de mayo de 2014

MONFERO E IRIXOA AVANZAN POR UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA

Con este título, "Monfero e Irixoa avanzan por unha educación inclusiva", a páxina web da CME (Campaña Mundial pola Educación) refírese á actividade do "Xogo da Oca" desenvolvida no CPI Virxe da Cela o pasado luns 28 de abril de 2014. A través deste cusioso xogo, para esta ocasión modificado e rebautizado como "Avanza por unha educación para todos e todas", os rapaces de 5º e 6º reflexionaron sobre as barreiras ás que se teñen que enfrentar as persoas con discapacidade para exercer o seu dereito á educación, apoiando por tanto á SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), que na presente edición do ano 2014 leva por lema "Sumemos capacidades: polo dereito dunha educación inclusiva". 

Na imaxe inferior tendes o enlace para saber máis desta noticia publicada na web da CME (www.cme-espana.org).