jueves, 7 de noviembre de 2024

Unha comarca solidaria e comprometida porque todos somos Valencia!!!

 Xa está, xa está a punto de chegar!!!

Esta semana no centro recollemos botas, guantes, mascaras e cinta americana.

Foi incrible a colaboración e o esforzo do noso alumnado, das familias e de todo o persoal do centro. Tamén, a colaboración dos Concellos.

Recollemos os materiais nun par de días e o noso alumnado puxo as botas en bolsas co seu número e as empaquetaron en caixas identificando o seu contido. Tamén o resto de recursos e materiais. Sen esquecerse de escribir o destino nas caixas e cargalas nos vehículos que os levarían ao seu primeiro destino.

Un traballo altruísta do alumnado que ademais, por propia iniciativa decoraron as caixas e deixaron nelas debuxos e mensaxes de agarimo e ánimo.

O xoves

 saíron cara a Godella dous palets (de 650 kg) cos recursos recollidos. Foi posible grazas a unha empresa da Coruña que se encargou do seu transporte como parte das súas actividades (aínda non están restablecidos os servizos de transporte coas zonas afectadas). A mesma, fíxoo de forma altruísta e sen necesidade de publicitar esta colaboración.

Así, contamos que este luns os recursos cheguen ao seu destino.

Tamén, saíu do centro un remolque completo de mascaras cedido polo Concello de Irixoa que tivo como destino os puntos de apoio ás persoas afectadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario