A
provincia da Coruña conta con dous parques naturais: o Parque Natural Fragas
do Eume e o Parque Natural Complexo Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e
Vixán, e unha Reserva da Biosfera, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñas e
Terras do Mandeo. Estes espazos a meirande parte das veces son descoñecidos
pola poboación da mesma provincia, incluso polas persoas que viven en
Concellos situados no seu interior. O
programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido desde o CEIDA co apoio da
Deputación da Coruña, posibilita poñer en valor nos centros educativos da
provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais
protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na
súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a
visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á
súa protección e conservación. Desta forma, o alumnado do 3º ciclo conta neste curso escolar con dúas propostas:
|
- Coñeza patrimonio natural e cultural que albergan estes espazos, así como o seu valor ambiental xeral a través da historia.
- Analice os recursos que amosa e o valor que aportan estas figuras ao territorio e á poboación local de cada un dos Parques Naturais e da Reserva da Biosfera.
- Entenda as problemáticas ambientais ás que están sometidos estes espazos en busca do coidado e mantemento dos mesmos.
- Comparta experienzas e inquedanzas desde a responsabilidade crítica persoal e social.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario