Mostrando entradas con la etiqueta Axenda 2030. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Axenda 2030. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de mayo de 2025

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN ARTIVISMO

Despois de todo un curso traballando no proxecto Education4ThePlanet 2024-2025 a xuventude galega activada pola Axenda 2030 e a Acción polo Clima, unha iniciativa que foi posible grazas ao apoio da Fundación Ayuda en Acción, toca agora amosar os resultados, xa que consideramos que é imprescindible visibilizar o noso traballo e o noso esforzo e tamén acadar incidencia política e social.  

O martes 27 de maio de 2025 contamos coa presencia de Alberto Cortizas, teniente alcalde do Concello de Monfero, que visitou o noso centro para a inauguración da nosa exposición de “Ariivismo” e tamén con Laura Gómez Vales (técnica da Fundación Ayuda en Acción para Education4ThePlanet) que leva todo o curso acompañándonos neste proxecto, que explicou os obxectivos do proxecto e as actividades desenvolvidas, todo isto recollido nun gran panel expositivo. Varios alumnos/as de 1º e 2º de ESO presentaron as obras "artivísticas" que realizaron utilizando materiais de refugallo que eles memos/as recolleron nunha xornada de limpeza na praia do Pedrido (abril 2025).

E aproveitando a visita desta figura política, convidámolo ao noso estudio radiofónico para facerlle unha entrevista. Foi un faladoiro moi agradable, non que Alberto recordou tempos pasados neste centro educativo ao que el tamén asistiu como alumno xa fai uns anos, e tamén explicou minuciosamente as medidas que se poden levar a cabo nun concello do rural galego para poder acadar os obxectivos da Axenda 2030, en concreto especialmente o 11 e 12,  enfocados no medio ambiente, abordando temas como o cambio climático e a sustentabilidade.







viernes, 19 de mayo de 2023

GUÍA EDUCATIVA PARA O ACTIVISMO CLIMÁTICO

A delegación de Ayuda en Acción de Galicia, e no marco do proxecto Education4thePlanet: o bo Camiño cara a Axenda 2030 (financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia), comparte este contido interesante material educativo:
 - Guía Educativa para o Activismo Climático. 
 - Guía Educativa de Secundaria sobre Ecofeminismo(ligazón para descarga). 

Durante os últimos 10 anos, a Fundación Ayuda en Acción leva traballando con centros educativos galegos para mellorar e consolidar unha educación de calidade e sen fronteiras. Ante a problemática medio ambiental que sufrimos na actualidade, está a impulsar unha liña de acción vinculada coa Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, coa cal se procura fomentar unha xuventude activa que contribúa na loita ante a emerxencia climática e ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. 

Así, Education4thePlanet: o bo Camiño cara a Axenda 2030 é un proxecto galego enmarcado na proposta europea 1Planet4All, onde 14 ONGs de 12 países suman forzas para crear espazos e accións de participación para a xuventude europea ante a problemática medio ambiental. Como froito desta e outras iniciativas territoriais, elaboráronse os recursos que hoxe vos queremos compartir. Ambos documentos están formados por píldoras ou sesións formativas, mediante as cales profundizar en contidos articulados a partir da problemática ambiental. Así mesmo, están acompañadas de actividades e recursos didácticos de maneira estructurada.

Guia Educativa Secundaria_Activismo Climático by veracruces on Scribd

viernes, 28 de abril de 2023

OBRADOIRO ZINKERS

 O alumnado da ESO tivo a oportunidade de reflexionar sobre a produción e o consumo sustentable a través dun obradoiro titulado "Zinkers" o venres 28 abril 2023, dan man da Fundación Repsol e impartido por Jennifer Corredoira. Con esta actividade a nosa mocidade refelxionou sobre a enerxía, o cambio climático, a economía circular, aportando ideas para a mellora da súa contorna con accións que contribúan a preservar o planeta e acadar os obxectivos marcados na Axenda 2030. 




viernes, 3 de febrero de 2023

TERCEIRO OBRADOIRO "EDUCATION4THEPLANET"

Cristina Otero Correo visita de novo o CPI Virxe da Cela o venres 3 de febreiro de 2023 para impartir ao alumnado da ESO o terceiro obradoiro integrado no proxecto Educatión4ThePlanet, coa intención de sensibililizar á mocidade do impacto das accións humanas na saúde do planeta. Grazas á Fundación Ayuda en Acción podemos encaminarnos á consecución dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible marcados na Axenda 2030.