Mostrando entradas con la etiqueta Día Universal Dereitos Infancia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Universal Dereitos Infancia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de noviembre de 2025

I EDICIÓN POLO DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA NA COMARCA DO EUME

 








Este mércores 19 de novembro reunímonos na Casa da Cultura de Pontedeume tres colexios pertencentes á comarca do Eume (o CPI Virxe da Cela de Monfero, o CEIP Eladia Mariño de Cabanas e o CEIP de Andrade), para conmemorar o 20 de novembro, Día Universal dos Dereitos da Infancia. Xunto cos meus compañeiros da clase de 4º da ESO acudimos alí xa que, como case todos tocamos algún instrumento, como o tambor, a gaita, ou pandereta, pedíronnos que fóramos facer a entrada e o peche do acto. Durante este acto interviron varios representantes políticos desta comarca e tamén representantes dos centros educativos, como o noso director Iker Sánchez. Máis tarde seguimos coas exposicións do alumnado dos tres centros, as cales todos fixeron moi ben, e finalmente voltamos outra vez coa nosa actuación musical, e cun picoteo antes de saír. Foi un acto moi agradable no que a Asociación Euroeume, a asociación que organizou o acto, nos tratou moi ben. Alexandre Doutón (4º ESO).







lunes, 28 de noviembre de 2022

DEREITOS DA INFANCIA NO CGAC (SANTIAGO)

O alumnado de 6º EP do CPI Virxe da Cela participou na conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, un acto organizado pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta, que tivo lugar o pasado 21 de novembro de 2022 no Centro Galego de Arte Contemporánea (Santaigo de Compostela). 

Os/as rapaces/zas de 6º EP proxectaron un vídeo no que explicaban o dereito á igualdade e a non discriminación. Quixeron, asemade, subir ao escenario para resaltar a importancia de que ningún neno ou nena se sinta discriminado/a polo simple feito de selo. 


miércoles, 21 de noviembre de 2018

PROXECTO AXUDA. 4º EDUCACIÓN PRIMARIA






      Por iniciativa propia o alumnado de 4º de Primaria fai unha proposta que asume con moita implicación. Atendendo á normativa do centro elaboran un proxecto para o desenvolvemento da súa proposta solidaria. En harmónica interacción cos membros do grupo e con gran implicación das familias, organizan a mesa para iniciar a súa “carreira solidaria”. Durante unha semana ceden voluntariamente o seu tempo de lecer co fin de realizar as tarefas deseñadas no PROXECTO AXUDA. Durante o transcurso da semana toman as decisións precisas para escoller unha ONG á que doar a recadación, para facer as modificacións necesarias no plan de traballo, para a realización das tarefas previas ao tempode lecer… A organización do grupo e a realización das tarefas mellorou cada día animados pola gran participación de alumnado e familias para esta semana solidaria. A recadación final foi entregada no centro para formar parte do total recadado xunto coa carreira solidaria á ONG Save the Children.