Mostrando entradas con la etiqueta Aprendizaxe Servizo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aprendizaxe Servizo. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de junio de 2025

Proxecto patios: limpamos o patio de troncos

Na liña de buscar mellorar os nosos espazos, hoxe estivemos todos os nenos e nenas de 4º e 5º de Ed. Infantil limpando as malas herbas do patio. 

Pero tivemos un problema! había herbas que estaban moi duras! Así que pedimos axuda aos nenos e nenas más grandes do cole: Os de 4º da ESO!




Imaxes do traballo conxunto entre o alumnado.

Eles viñeron axudarnos no seu tempo de lecer e grazas a eles e ao noso traballo quedou o patio de troncos limpo de malas herbas.



martes, 10 de junio de 2025

Espazos con vida para aprendizaxes vivas. Queremos mudar o patio!

Boas familias.

Este ano puxémonos man a obra co patio, tendo en conta as necesidades demandadas desde o Consello Escolar da Infancia. A partir de aí, comezamos un proxecto no centro coa intención adecuar o patio de infantil ás necesidades e intereses do noso alumnado. Empezamos por este espazo pero coa intención de ao tempo, ir reformado o patio de primaria e de secundaria de forma complementaria.

Para comezar o alumnado da etapa da Ed. Infantil describiu como é o seu patio e que lles gustaría ter nel. Despois, tocou medir e recadar os recursos dos que xa  dispoñíamos para poder levalo a cabo e aqueles que iamos precisar.
O seguinte paso foi elaborar unha maqueta na que plasmar as súas ideas. Unha tarefa moi creativa feita totalmente polo alumnado.

Unha vez que tiñamos claro o que queriamos tocaba explicarlle ás familias para que tamén elas formasen parte do proceso creativo.

Desta reunión saíu unha comisión de patios da que xa forman parte 18 familias!!! Que marabilla!!!
O traballo compartido sempre é máis sinxelo.

Xa temos data para a próxima reunión, a finais do mes de xuño. Son varias as actuacións que temos previstas para comezar:  pintar o muro exterior, preparar o terreo para que sexa seguro, montar e manter mobles e preparar a zona de escavación.


A ilusión da aprendizaxe compartida.

 Creatividade ao poder!!!

Grazas por axudarnos!!


Deseño de Maria del Camino
Avaliación Patios Virxe da Cela de Maria del Camino

jueves, 24 de febrero de 2022

PROXECTO DE APRENDIZAXE-SERVIZO CON EUROEUME

 Xoves 24 febreiro 2022. Mapeo de necesidades. Alumnado 3º e 4º ESO. Imparten o obradoiro 4 estudantes de Pedagoxía. Ángel Lorenzo Euroeume. 

O proxecto estaría executado polo alumnado de 3º curso do grao de Pedagoxía da USC. A súa labor consistirá na recollida de necesidades a través dun mapeo entre a mocidade da comarca, realizando a intervención dende os centros de ensino secundario.
 1ª fase: No mes de febreiro. Nesta primeira sesión se lanzará a proposta ao alumando de asumir o papel promotor e representante, na recollida de necesidades.
 2ª fase: Mes de abril e maio. Realizarase unha segunda sesión presencial nos centros de recollida das conclusións e peche de proxecto. 

3ª fase: Se as condicións sanitarias o permiten e dependendo da autoxestión do propio grupo, e os intereses que xurdan dentro do traballo realizado, podería valorarse unha última sesión na que presentar as conclusións e ser a mesma realizada nun marco festivo nunha xornada intercentros no mes de xuño. 

A través destas necesidades detectadas Euroeume, elaborará unha estratexia comarcal, que nos permitirá dirixir os programas destinados á mocidade partindo das súas necesidades expresadas.