Xoves 24 febreiro 2022. Mapeo de necesidades. Alumnado 3º e 4º ESO. Imparten o obradoiro 4 estudantes de Pedagoxía. Ángel Lorenzo Euroeume.
O proxecto estaría executado polo alumnado de 3º curso do grao de
Pedagoxía da USC. A súa labor consistirá na
recollida de necesidades a través dun mapeo entre a mocidade da comarca,
realizando a intervención dende os centros de ensino secundario.
1ª fase: No mes de febreiro. Nesta primeira sesión se lanzará a
proposta ao alumando de asumir o papel promotor e representante, na recollida
de necesidades.
2ª fase: Mes de abril e maio. Realizarase unha segunda sesión
presencial nos centros de recollida das conclusións e peche de proxecto.
3ª fase: Se as condicións sanitarias o permiten e dependendo da
autoxestión do propio grupo, e os intereses que xurdan dentro do traballo
realizado, podería valorarse unha última sesión na que presentar as
conclusións e ser a mesma realizada nun marco festivo nunha xornada
intercentros no mes de xuño.
A través destas necesidades detectadas Euroeume, elaborará unha
estratexia comarcal, que nos permitirá dirixir os programas destinados á
mocidade partindo das súas necesidades expresadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario