Mostrando entradas con la etiqueta Cruz Vermella Betanzos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cruz Vermella Betanzos. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de abril de 2014

PRESENTACIÓN MEMORIA ACTIVIDADES CRUZ VERMELLA 2013

    “A Asamblea Comarcal da Cruz Vermella Española en Betanzos, en agradecemento ao CPI Virxe da Cela de Monfero a súa iniciativa solidaria, colaborando nas campañas solidarias realizadas durante o ano 2013, en Betanzos a 25 de abril de 2014”. 

    Este é o texto que ilustra o diploma que foinos entregado no acto da presentación da Memoria Anual 2013 da Cruz Vermella de Betanzos, que tivo lugar o pasado venres 25 de abril na Sala Xulio Cuns (Edificio do Liceo, Betanzos), e que estaba relacionado coa actividade que desenvolvimos no pasado curso académico 2012-2013 na nosa escola: o V Rastro Solidario. Naquela ocasión, os 742 cartos recadados foron ingresados na conta bancaria da Cruz Vermella, que estaba a facer unha fantástica e admirable labor para loitar coa pobreza e a exclusión social na nosa contorna máis próxima. Para reforzar esta actividade e sensibilizar ao noso alumnado, contamos tamén cun obradoiro impartido polos técnicos/as e voluntarios/as desta organización (venres 22 marzo 2013). Tal como mostra esta fotografía, as coordinadoras de Monferosolidario subiron ao escenario a recibir este galardón de mans do Alcalde de Betanzos, e xa o temos enmarcado e exposto na entrada do edificio de secundaria.



                       



viernes, 31 de enero de 2014

OBRADOIRO DA CRUZ VERMELLA BETANZOS PARA O USO SAUDABLE DAS TICS








Contamos cunha nova visita dos voluntarios da Cruz Vermella de Betanzos (venres 31 de xaneiro de 2014). Nesta ocasión impartiron ao alumnado de 2º e 3º ciclo de EP unha actividade solicitada polo Departamento de Orientación que consideramos moi importante nesta época de tecnoloxía que nos toca vivir: o uso responsable das TICS. Sabemos que as tecnoloxías da Información y da Comunicación ofrécennos unha interesante ferramente no noso día a día, nembargantes, temos que ter moito coidado á hora de ulitizalas, para evitar moitísimos riscos e para non caer nas adicións.

martes, 3 de diciembre de 2013

OBRADOIRO DE COEDUCACIÓN E EDUCACIÓN NON SEXISTA

Catro voluntari@s da Cruz Vermella de Betanzos visitaron o noso centro para impartir unha charla-obradoiro ao alumnado de 3º e 4º da ESO, centrándose na temática da coeducación e a educación non sexista. Mediante a realización de diversas dinámicas pretendeuse sensibilizar aos mozos e mozas sobre a gran desigualdade que existe todavía entre os xéneros, analizando toda unha serie de prexuízos que están no ollar das persoas e que como consecuencia dan lugar a unha situación de desigualdade e incluso de violencia. Algo tan sinxelo como interpretar o conto da Cincenta ao revés... como cambia a historia!!  No obradoiro os voluntarios da Cruz Vermella servíronse tamén de fragmentos de vídeos e de documentos excritos para analizar as diferenzas entre xénero e sexo e loitar contra moitos estereotipos. Esta é unha actividade organizada a través do Departamento de Orientación e que aproveitaremos desde Monferosolidario para abordar o 2º Obxectivo (ODM): promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller. 





martes, 2 de abril de 2013

CRUZ VERMELLA DE BETANZOS: SOLIDARIOS NA NOSA CONTORNA






Para completar a xornada do V Rastro Solidario, contamos coa visita de Chelo e Almudena, técnicas da Cruz Vermella de Betanzos, que quixeron animar á participación do noso alumnado e agradecer o seu esforzo nunha causa solidaria. En dous charlas, dirixidas a primeira a alumnado da ESO e a continuación ao alumnado de 4º, 5º, e 6º, de primaria, trataron de sintetizar as diferentes iniciativas que se están levando a cabo na Cruz Vermella de Betanzos, moitas delas para paliar as necesidades de moitas familias que se están a ver nunha situación de emerxencia económica coa presente crise na que estamos inmersos. Presentaron o chamamento "Agora + que nunca", unha iniciativa de crowfunding que se está levando a cabo a través dunha plataforma dixital. O termo inglés crowfunding indica unha forma de acadar fondos para un reto ou proxecto a través de pequenas aportacións de moita xente. Podedes visitar a plataforma "Agora + que nunca" e informarvos dos proxectos que se están a lanzar na actualidade premendo o seguinte enlace: