jueves, 21 de junio de 2018

GRADUACIÓN ALUMNADO 4º ESO

O pasado mércores 20 celebramos a graduación do alumnado de 4º ESO. Foi un acto cargado de emoción en compañía das familias, profesorado, representantes dos Concellos e Anpa.
Toda a comunidade educativa desexámosvos o mellor para o camiño que empezades agora.



EXCURSIÓN POLA RÍA DE FERROL E CASTELO DE SAN FELIPE. CPI VIRXE DA CELA

Grazas ao premio do Concurso Escolar ONCE, acadado polo alumnado de 1º da ESO, puidemos gozar dunha xornada espectacular como remate de fin de curso navegando pola ría de Ferrol. Cun día de sol espléndido percorremos en barco a ría ata o Castelo de San Felipe onde desembarcamos. Alí visitamos o castelo desfrutando das marabillosas vistas que nos ofrece esta paisaxe das nosas costas.    Unha xornada estupenda para rematar o curso.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da visita.

VACACIÓNS SOLIDARIAS

Vacaciones Solidarias_Daniel Pena Bonome. 1º ESO by veronicadopico7965 on Scribd

viernes, 8 de junio de 2018

REFUXIADOS

    Dentro da Campaña Mundial pola Educación (CME) destacamos este ano a problemática de millóns de nenos e nenas refuxiados e desplazados por motivos bélicos ou por catástrofes naturais que non teñen dereito a gozar dunha educación. Froito desta reflexión naceron os seguintes traballos audiovisuais, realizados íntegramente polo alumnado, utilizando programas de edición de son e vídeo. 
    As escolas, o ensino, a educación ofrécennos oportunidades. Ábrennos portas e permítennos construir un camiño propio. Pero que pasa coas persoas, cos nenos e nenas que por diversos motivos teñen que marchar dos seus fogares? Persoas migrantes e refuxiadas que saben de onde saen pero non onde van a chegar, ou cando...






martes, 5 de junio de 2018

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

En 1972, Nacións Unidas proclamou o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente. A idea é que todos actuemos para asegurarnos agora e no futuro un hábitat máis limpo, verde e san. Este é un gran día para celebrar cos nenos e maiores a beleza da natureza e ensinarlles algunhas cousas que podemos facer para protexela.
Ofrecémosche algunhas ideas que estamos a levar a termo no noso cole e que che amosamos a modo de suxestións:
  •  Da exemplo á hora de reciclar (motiva aos que te rodean: pais, nais, veciños, amig@s...) Aínda hai moita xente que se pregunta en que cubo do lixo ten que tirar a lata de sardiñas ou o envase do deterxente e nós, podemos ensinar aos adultos. ·
  •  Un día sen coche. Explícalles aos maiores o valor da enerxía e porque é importante racionalizar o uso dos automóbiles. 
  • Organiza unha saída ao campo ou parque,con bolsa e luvas para todos. Trátase de recoller todos os obxectos non biodegradables que atopedes no camiño. Faredes deporte e axudaredes a manter limpa a nosa terra. 
  •  Fálase moito de contaminación pero seguramente moitos non entendan ben os seus efectos. Explícalles que é a contaminación e aproveita para explicarlles a importancia que ten non tirar os alimentos. Cada ano refúgase un terzo da comida producida en todo o mundo. Os primeiros en tirar: os países occidentais. Estes excedentes na produción aumentan o gasto en auga e terra e a polución provocada por pesticidas e abonos. Todo iso favorece o efecto invernadoiro e o quecemento do planeta. 
  •  Fala aos teus coñecidos do concepto de sustentabilidade. Confecciona coa súa axuda algunha manualidade con material reciclado. Seguro que o pasaredes xenial e obteredes algún obxecto que vos será de utilidade. Se queredes algunha idea, podedes ver os vídeos que realizamos o curso pasado no cole co título “Reciclando no Virxe da Cela”. Aquí tedes o enlace. https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2017/05/encontro-fin-de-curso-da-rede-solidaria.html 
  • E sobre todo… segue a poñer o teu gran de area para axudar a conservar o noso planeta. Como dicía o secretario xeral das Nacións Unidade Ban Ki- Moon "Cando billóns de persoas unen os seus esforzos a favor dunha causa, é posible lograr un cambio”.
Invitámosvos tamén  a que recordedes e vexades estes dous audiovisuais realizados no noso cole sobre esta temática. O primeiro co título:  “Gústame de onde son”,  amósanos  a implicación do alumnado, do profesorado e do conxunto da nosa comunidade educativa no deseño e desenvolvemento dunha serie de actuacións, que supoñen a posta en valor do patrimonio natural, imprescindible para o desenvolvemento social, económico e cultural da nosa contorna.



O segundo referido ao Obxectivo 7 dos ODM, recórdanos que hoxe en día o noso planeta está en perigo se non mudamos as nosas accións, e danos algunhas pistas para emprender ese cambio de actitude.

viernes, 1 de junio de 2018

COMO CHE GUSTARÍA QUE TE TRATARAN?



O día 30 de maio Paloma, psicóloga de Asperga (Asociación Galega de Asperger) contou ao alumnado de 5º de primaria e de toda a ESO o que lles pasa as persoas con síndrome de Asperger:  teñen dificultades para expresar e identificar as emocións e para as relacións sociais, gustan da rutina e teñen unha intelixencia normal ou superior á media, entre outras cousas.
Para entender isto mellor, identificamos as nosas propias emocións e démonos conta de que a todos e a todas, teñamos ou non Asperger, gústanos que nos traten ben:


-       Que me respecten.
-       Que me respondan cando pregunto algo.
-       Que non me traten como se fose invisible.
-       Que se preocupen por min se me pasa algo.
-       Que non me miren como se fose un “bicho raro”.