Mostrando entradas con la etiqueta 8 de marzo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 8 de marzo. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de marzo de 2024

8M


Exposición de fotografías na cortiza do patio cuberto. Un membro maior (varón) do alumno/a  aparece cun cartel na man onde se inclúe un  consello a transmitir ás nenas de hoxe en día).

No corredor de secundaria podedes visitar esta interesante exposición para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que recolle a biografía e fai repaso dos logros de diferentes mulleres galegas en diferentes eidos: a arte, a literatura, o deporte, a pedagoxía, a ciencia, etc. Figuras destacadas como Rosalía de Castro, Isabel Zendal, Verónica Boquete, Maruja Mallo, entre outras, son as mulleres protagonistas desta exposición. 




lunes, 20 de marzo de 2023

8-M

Dentro da programación do 8-M, todo o centro educativo involucrouse na proposta de renomear as aulas do centro con figuras importantes femininas. Cada aula investigou e escolleu a muller de referencia coa que quixeron renomear a súa aula. Para facelo tiveron á súa disposición unha mesa da biblioteca chea de materiais sobre mulleres artistas, científicas, escritoras... galegas, españolas e estranxeiras. No seguinte vídeo amosamos o resultado! Mirádeo e coñecede as nosas novas aulas!






martes, 24 de enero de 2023

CONCURSO DE CARTEIS 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Unha vez se publiquen as bases reguladoras que se adxuntan na web da Secretaría Xeral da Igualdade e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, estará aberto o prazo para o concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, no que poderán participar os centros educativos galegos. 

Como en anos anteriores, o obxectivo é fomentar a promoción da igualdade a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos. O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero. 

O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 17 de febreiro. Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (datos do alumnado e do Centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal


00_BASES_Concurso_Carteis_8M_2023 by veracruces on Scribd

Anexo I Concurso Carteis 8M 2023 by veracruces on Scribd

martes, 5 de marzo de 2019

PREPARÁMONOS PARA O 8 DE MARZO





Alumnado de 2º ESO, na materia de "Igualdade", elaboran o cartel para o 8M



Marta Novo, encargada da Biblioteca Castelao, e Teresa Blanco, profesora da materia "Igualdade", posan diante do cartel e stand adicado ao Día Da Muller, 8 de Marzo.

viernes, 4 de marzo de 2016

8 MARZO:DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreras textiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nueva York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban. Distintos movementos sucedéronse a partir desta data. O 5 de marzo de 1908, Nueva York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esta folga morreron máis dun centenar de mulleres na fábrica de Sirtwoot Cotto, nun incendio atribuído ao dono da fábrica como resposta á folga. En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional das Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca), máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Actualmente celébrase como o Día Internacional da Muller.