martes, 24 de enero de 2023

CONCURSO DE CARTEIS 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Unha vez se publiquen as bases reguladoras que se adxuntan na web da Secretaría Xeral da Igualdade e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, estará aberto o prazo para o concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, no que poderán participar os centros educativos galegos. 

Como en anos anteriores, o obxectivo é fomentar a promoción da igualdade a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos. O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero. 

O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 17 de febreiro. Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (datos do alumnado e do Centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal


00_BASES_Concurso_Carteis_8M_2023 by veracruces on Scribd

Anexo I Concurso Carteis 8M 2023 by veracruces on Scribd

No hay comentarios:

Publicar un comentario