Imaxinádesvos que sentiriades se tiverades que deixar atrás a vosa casa, familia, terra, debido a unha emerxencia climática? Isto é o que lles pasa a diario a milleiros de refuxiados en todo o planeta e se por un momento nos puxéramos na súa pel tal vez seríamos capaces de mudar a nosa forma de vida para coidar o noso planeta e evitar estas situacións tan dolorosas.
Poñerse na pel do outro é o que fixeron os rapaces e rapazas da ESO neste segundo obradoiro do proxecto "Education4ThePlanet", impartido pola técnico Cristina Otero. A Fundación Ayuda en Acción busca a través desta iniciativa a sensibilización, a reflexión crítica e a mobilización da mocidade galega.
"Temperaturas extremas, aumento do nivel do mar, sequía, desertización, entre moitas outras, son as consecuencias que estamos a sufrir derivadas do cambio climático. Education4thePlanet trata de poñer en funcionamento boas prácticas entre a xuventude para mitigar o desgaste do noso planeta, e así asegurar a calidade de vida de todos os seres vivos que habitan nel. A través deste proxecto, Ayuda en Acción está a traballar con todo o alumnado de Educación Secundaria do centro, para xerar unha nova conciencia de cara ao coidado do noso planeta. É necesario concederlle espazo e aprendizaxes ás novas xeracións ao redor da emerxencia climática, xa que son un dos segmentos poblacionais que máis oportunidades ten de cara a xerar cambios. Este proxecto está composto por diferentes actividades, as cales seguen un orden lóxico na súa implementación ao longo de todo o curso escolar. Obradoiros formativos relacionados coa emerxencia climática, as migracións polo clima e o activismo medioambiental, rutas de senderismo, recollida de residuos, diagnósticos do impacto ambiental, informes de boas prácticas, etc. son as diferentes actividades a través das cales o alumnado da ESO estáse a convertir en axentes de cambio no rural. Para Ayuda en Acción é necesario contar con toda a población galega, especialmente trata de aumentar os esforzos nas zonas rurais co obxectivo de fomentar a participación activa da rapazada, outorgándolles todas as oportunidades e coñecementos para acadalo.“Education4thePlanet: o bo camiño cara a Axenda 2030”, é un proxecto financiado pola Xunta de Galicia, mediante a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea – Cooperación Galega". Cristina Otero
No hay comentarios:
Publicar un comentario