Hoxe martes 20 de xuño de 2023 levouse a cabo unha reunión co profesorado do centro para a valoración das actividades realizadas coa Fundación Ayuda en Acción, conducida por Jenny Chamadoira e Lorena Boga. Revisouse o desenvolvemento dos programa de xestión emocional realizado nas etapas de infantil, primaria e os primeiros cursos da etapa de ESO, o programa de radio escolar, as actividades formativas ou as saídas realizadas, entre outros aspectos e, sentáronse as bases da colaboración cara o curso escolar. A esta reunión co profesorado sumarase tamén a valoración das familias e do alumnado, obtida por medio de reunións con estes colectivos.
Mostrando entradas con la etiqueta convenio de colaboración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta convenio de colaboración. Mostrar todas las entradas
martes, 20 de junio de 2023
jueves, 17 de diciembre de 2015
FIRMA CONVENIO AYUDA EN ACCIÓN
Beatriz Varela (Ayuda en Acción), Mª Camino Pereiro (directora CPI Virxe da Cela) e Carlos Otero (presidente da ANPA), firman o convenio de colaboración o xoves 17 de decembro de 2015.
Etiquetas:
Ayuda en Acción,
convenio de colaboración
miércoles, 14 de octubre de 2015
jueves, 12 de marzo de 2015
FIRMA CONVENIO AYUDA EN ACCIÓN
Por segundo ano
consecutivo o CPI Virxe da Cela e o ANPA deste centro educativo firmaron un
convenio de colaboración coa Fundación Ayuda en Acción. A través deste
documento esta fundación levará a cabo no noso centro un programa orientado a
xerar cambios positivos na sociedade, nas familias e nos nenos e nenas. Entre
as accións previstas figuran a creación de redes de apoio mutuo para fortalecer
o traballo en equipo e impulsar esta rede entre a comunidade educatia,
implicando a docentes, familias e alumnado e outros axentes sociais que
interveñan na creación dunha contorna socio-educativa máis favorable. O
presente acordo de colaboración entrará en vigor a partires da data da súa
sinatura (12 de marzo de 2015), e terá unha duración do curso escolar vixente,
coa posibilidade de prorrogarse para o vindeiro curso académico. Proximamente o
centro educativo inscribirase na vixente edición do programa educativo da
Fundación Ayuda en Acción “Agora Toca…”,
incorporando no currículo escolar as propostas educativas e actividades do
mesmo, principalmente a través das accións de Monferosolidario.
Etiquetas:
convenio de colaboración,
Fundación Ayuda en Acción
sábado, 21 de diciembre de 2013
CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ONG AYUDA EN ACCIÓN
No pasado mes de novembro tivemos unha reunión coa ONG Ayuda en Acción para negociar un convenio de colaboración entre esta organización e o CPI Virxe da Cela. Ayuda en Acción comunicábanos o seu interese en iniciar un tipo de colaboración co noso centro, xa que a través do proxecto Monferosolidario estabamos a traballar en prol da educación en valores e encaixábamos perfectamente na súa filosofía de acción. Podemos anunciar oficialmente que ese convenio xa está vixente. O pasado xoves 19 de decembro de 2013 tivemos unha reunión na que tomamos parte as coordinadoras de Monferosolidario, a dirección do centro, representantes da AMPA do noso cole e a técnico de Ayuda en Acción, na que se firmou un compromiso conxunto, no que todas as partes uniremos o nosos esforzos e esperamos acadar un enriquecemento mutuo. Polo de pronto estamos xa inscritos no programa educativo "Ahora Toca..." de Ayuda en Acción, e tan pronto iniciemos o segundo trimestre académico incorporaremos as propostas educativas e as actividades do mesmo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)