Mostrando entradas con la etiqueta rede solidaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rede solidaria. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de enero de 2013

DIGNIDADE E DEREITOS HUMANOS

A ONG Entreculturas conivdounos a unha xornada de formación interna para profundizar en dúas temáticas de grande interese para o traballo cos grupos participantes na Rede Solidaria. Esta xornada tivo lugar na delegación de Entreculturas da Coruña, o pasado xábado 19 de xaneiro de 2013, e a ela acudimos a coordinadoras do proxecto Monferosolidario. Salvando as inclemencias metereolóxicas reunímonos un reducido grupo de persoas, entre profesores/as da rede e voluntarios/as, contando como sempre coa presenza de Sandra Rodríguez, encargada da coordinación desta actividade.

A formación foi impartida por Irene Ortega Guerrero, responsable do departamento de Educación para o Desenvolvemento de Entreculturas, que abordou os conceptos de "dignidade" e "dereitos humanos", contidos que vertebrarán a campaña educativa de Entreculturas para os vindeiros cursos 2012-2013, 2013-2014 e 2014-2015. Estas temáticas espertaron grande interese entre os/as asistentes a esta xornada de formación, provocando interesentes debates e xerando ideas para levar a cabo no futuro. Quedamos con gañas de ampliar esta formación o próximo curso, e polo camiño trataremos de desenvolver nas nosas aulas as nosas propias aportacións.






jueves, 1 de noviembre de 2012

ENTRECULTURAS NO CPI VIRXE DA CELA

A tarde do mércores 31 de outubro de 2012 tivemos a visita de Sandra Rodríguez, técnica da ONG Entreculturas. Son cinco xa os anos que levamos vinculados con esta ONG, co seu apoio incondicional desde o nacemento do proxecto Monferosolidario, alá no curso académico 2008-2009. Con Sandra únenos unha especial relación, xa non soamente profesional, senón que a estas alturas, de auténtica amizade. Sabemos que ademais do contacto habitual coas coordinadoras de Monferosolidario, trata cada ano de visitar o noso centro para falar cos rapaces e rapazas da ESO, tratando de afianzar o compromiso daqueles que xa están na Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas, así como de facer novas fichaxes, eses nenos e nenas que comezan os seus estudos en 1º da ESO, e que serán a savia nova que alimente o proxecto. Acompañada por Xosé Luis Pastoriza (outra persoa clave para o éxito de Entreculturas en Galicia, e a quen tamén lle temos especial estima e agradecemos o seu humor e creatividade á hora de dinamizar calquera actividade), Sandra agradeceu en primeiro lugar a participación de todos aqueles alumnos e alumnas que contribuíron ao éxito do Encontro Zanmitay, celebrado no noso centro fai agora un ano, no que se deron cita casi 200 persoas, entre rapaces e rapazas e tamén docentes de toda Galicia. En segundo lugar convidou a todo o alumnado presente a participar no próximo encontro da rede solidaria, que terá lugar o vindeiro sábado 10 de novembro de 2012 no IES Elviña (A Coruña). Finalmente fixo a presentación oficial da fermosa campaña "A cadeira vermella" (La silla roja) que este ano Entreculturas lanza para concienciar á poboación do dereito á educación de máis de 61 millóns de nenos en todo o mundo que están sen escolarizar. Un grupiño de alumos/as de 1º da ESO axudaron a presentar esta campaña, indicando algúns dos obxectivos e adiantando algunhas das actividades que temos pensado levar a cabo na nosa escola para sensibilizar á nosa comunidade educativa. Seguro que vale a pena o noso esforzo... 

miércoles, 3 de octubre de 2012

UNHA CADEIRA VERMELLA, POLO DEREITO Á EDUCACIÓN


Cada ano setembro convértese no mes no que millóns de nenos e nenas volven encher as aulas dos colexios. Na nosa sociedade, nas nosas familias, a volta ao cole é un acto cotián ano tras ano.
 Con todo aínda hoxe en día hai 61 millóns de nenos e nenas no mundo sen escolarizar. Estes nenos e nenas ven vulnerado o seu dereito á educación, recollido en numerosos tratados internacionais. Ademais, os beneficios da educación están ampliamente recoñecidos: a educación amplía o acceso a outros dereitos e favorece o progreso conxunto da sociedade, promove a liberdade e a autonomía persoal e xera importantes beneficios para o desenvolvemento das persoas. Así mesmo, a educación é un instrumento poderoso para reducir a pobreza e a desigualdade.
 Desde Entreculturas quérese dar visibilidade a todos eses nenos e nenas e aproveitar a volta ao cole para crear conciencia desta realidade.
A campaña  "A cadeira vermella", unha cadeira para 61 millóns de nenos e nenas que non poden ir ao colexio", anima a todos os colexios a colocar en cada unha das súas aulas unha cadeira vermella. Este elemento alerta de todos eses nenos e nenas que non poden ir ao colexio e que ven vulnerado o seu dereito á educación.



A educación é un dereito de todos os nenos e nenas do mundo. É un investimento de futuro que lles abrirá as portas a unha ampla gama de posibilidades de desenvolvemento ao longo da súa vida.

lunes, 28 de noviembre de 2011

PHOTOCOOL "ZANMITAY"


                  

ZANMITAY: XIII ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

Zanmitay significa amizade na lingua creoula haitiana. Unha fermosa verba para ilustrar o XIII Encontro da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas, que nesta ocasión tivo lugar no noso centro, o CPI Virxe da Cela, (Monfero). Inauguramos este cuarto ano de pertenza á Rede Solidaria formalizando o noso compromiso esta vez como anfitrións, recibindo a visita de numerosos rapaces e rapazas e profesores/as de distintos centros galegos. Quedamos cun agradable sabor de boca, recibindo os parabéns de todos os asistentes, que disfrutaron plenamente dunha longa e intensa xornada de convivencia.





lunes, 23 de mayo de 2011

XII ENCONTRO DA REDE DA MOCIDADE ENTRECULTURAS





Como xa ven sendo unha tradición, reunímonos cos outros centros integrantes da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas en Rianxo. Esta xuntanza celebrouse o pasado sábado 21 de maio de 2011, e nesta ocasión asistimos sete alumnas e dúas profesoras do CPI Virxe da Cela. Comezamos a xornada con xogos e dinámicas, nas que o alumnado reflexionou sobre as súas vivencias e experiencias dende que forman parte da rede. Posteriormente, cada centro elaborou un pequeno mural no que a través de textos e imaxes reflectiron o seu paso pola rede, resultando unha memoria visual coas múltiples actividades que se foron realizando. Tras un xantar colectivo, fixemos un pequeno descanso relaxándonos e divertíndonos co "show" de Pedro Brandariz, que en clave de humor fixo referencia á idionsincrasia galega. Como punto final, o alumnado de cada centro, acompañados polos seus profes, sairon a presentar e a explicar o seu mural. Un momento moi emotivo foi unha pequena homenaxe que se lle brindou aos alumnos/as que este ano deixan a rede, xa que rematan os estudos de ESO...







jueves, 25 de noviembre de 2010

XERANDO IGUALDADE: XI ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS







                                    
XI Encontro en Rede
Asemblea da Rede Solidaria da Mocidade
“Xerando Igualdade”

Data: venres, 26 de novembro de 2010.
Lugar: Monte do Gozo, Santiago de Compostela
Horario: 10.00 a 19.00





lunes, 24 de mayo de 2010

X ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DE XÓVENES


X ENCONTRO EN REDE
22 de Xuño de 2010
Rianxiño. Rianxo.

Este sábado 8 alumnas e duas profesoras, en representación do noso centro, fúmonos a Rianxo ó X Encontro en Rede . Mais de cen alumnos e alumnas acompañados dos seus profesores e profesoras disfrutamos dunha espléndida xornada lúdico-festiva, que se completou coa presentación das actividades solidarias que cada centro levou a cabo no presente curso. Foi unha xornada espléndida na que poidemos compartir as nosas experiencias, facer novas amizades, divertirnos, emocionarnos e, cómo di o lema do encontro "seguir conectados" cos rapaces e rapazas doutros centros da nosa comunidade.