lunes, 28 de noviembre de 2011

ZANMITAY: XIII ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

Zanmitay significa amizade na lingua creoula haitiana. Unha fermosa verba para ilustrar o XIII Encontro da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas, que nesta ocasión tivo lugar no noso centro, o CPI Virxe da Cela, (Monfero). Inauguramos este cuarto ano de pertenza á Rede Solidaria formalizando o noso compromiso esta vez como anfitrións, recibindo a visita de numerosos rapaces e rapazas e profesores/as de distintos centros galegos. Quedamos cun agradable sabor de boca, recibindo os parabéns de todos os asistentes, que disfrutaron plenamente dunha longa e intensa xornada de convivencia.





8 comentarios:

  1. O pasado sábado 26 de novembro celebrouse no noso colexio o encontro de "ENTRECULTURAS".
    Foi un día fantástico onde prácticamos xogos moi divertidos, e neles coñecimos a xente doutros colexios: as cousas que lle gustaban, a súa idade...
    Esperamos que se volva a repetir outra vez!!!

    ResponderEliminar
  2. 0 venres dia 25 de novenbro visitoun@s Lancy por segunda vez e falounos de novos proxectos.Tamen nos invitou a ir a India unha semana, tamen realizaremos de novo rastro solidario para acabar a nova escola na India, e esperamos seguir facendoo moitos anos mais para poder facer mais escolas.

    ResponderEliminar
  3. O outro día (sábado 26 de novembro)celebrouse no noso centro:Virxe da Cela o encontro da mocidade da ONG Entreculturas.A min faime moita ilusión, porque é un centro moi pequeno é nel celebranse cousas importantes como é este encontro.Viñeron colexios de todas as partes de Galicia. Coñecímonos,fixemos xogos e talleres,comemos e despois probalbemente a parte do encontro que máis me gusta,a presentación da nosa axenda solidaria,todos os colexios a presentamos,todos tiñan un gran ano cheo de proxectos solidarios,ademais todos os nenos que viñeron presentaron o seu avatar, coas cousas que pensaban,que sentían...Ao final houbo a actuación dun mago chamado Marttyn.Estivo todo xenial,espero volver a outros encontros en outros lugares.

    ResponderEliminar
  4. Grazas aos organizadores da rede solidaria e aos nosos profesores,este ano realizouse no noso colexo o encontro solidario.
    Esta ano era o primeiro ano que viña, e paseino moi ben.
    Para a proxima haber se volvo.

    ResponderEliminar
  5. O sabado dia 26 os rapaces de moitos colegios reunironse no colexio de monfero para seguir outra vez co encontro.Ali foi moy dibertido por que estar cos teus compañeros e mais con outros rapaces que o principio non coñeces pero o final son moy amigos. o principio fixemos xogos e despois fomos os talleres comimos e estibemos sacando fotos e xogando o final fixemos a reprensentacion das axendas e as mascotas logo veu un mago e por ultimo deron a merenda e nos fomos foi moi dibertido.

    ResponderEliminar
  6. Gustounos mooito o encontro porque conocimos xente de outros lugares e pasamolo moi ben eo que mais nos gustou foi o mago.
    Esperamos volver a asistir a outros encontros solidarios
    Laura e Sara

    ResponderEliminar
  7. O pasado sábado 26 acudimos ao encontro de entreculturas. A nós gustounos moito este encontro solidario porque pasámolo moi ben e coñecimos a moitos rapaces e rapazas da nosa idade. O que máis nos gustou do encontro foi o fotocool. Tamén foi moi divertido cando tivemos o noso anaco libre para poder falar cós outros rapaces. Foi moi divertido, esperamos poder asistir ao próximo encontro.

    ResponderEliminar
  8. O dia trinta de xaneiro o noso centro botou unha pomba en liberdade en son da paz a parte pegamos unhas tarxetas na nosa parede solidaria.A profe preguntame Que e pa min a paz? Pois pa min a paz e que non haxa violencia que non haxa guerras e sobre todo e nos levemos ben todo o mundo por e que todos temos un rincon no noso corazonciño que e solidario.E podia estar escribindo sobre a paz todo a vida pero e que non teño moito tempo.

    ResponderEliminar