miércoles, 28 de junio de 2023

Baloncesto sen fronteiras: 5º e 6º curso da Ed. Primaria

 Xa temos a produción deste curso escolar!!!!!

O alumnado de 5º e 6º curso creando de forma conxunta e experimentando as técnicas audiovisuais para crear esta estupenda curta da man de Omar Rabuñar. 

Un traballo estupendo!!!!


jueves, 22 de junio de 2023

A "Escola Imaxinada" do alumnado de 4º da Ed. Primaria

Xa esta aquí o número especial da revista Aula de Innovación Educativa. Nela está o traballo do alumnado de 4º curso da Ed. Primaria que contaron como ven a escola e como lles gustaría que foxe. Esta acvidade está dentro das realizadas polo curso na Campaña Mundial pola Educación. O mesmo conta cun QR a través do cal escoitar as súas opinións.

                                                Imaxe do cartaz resumo da experiencia.

Todo un exemplo de madurez e compromiso cunha educación de calidade, universal e para todos os nenos e nenas.

O mesmo artigo aparece na revista Guix que celebra os seus 500 exemplares. 

Se queredes o seu artigo ou as revistas completas podédelas mercar no enlace da portada. 


Portada da revista Aula de innovación educativa, nº 327


Portada da revista Guix, nº 500

martes, 20 de junio de 2023

AVALIACIÓN DA COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN AYUDA EN ACCIÓN

Hoxe martes 20 de xuño de 2023  levouse a cabo unha reunión co profesorado do centro para a valoración das  actividades realizadas coa Fundación Ayuda en Acción, conducida por Jenny Chamadoira e Lorena Boga. Revisouse o desenvolvemento dos programa de xestión emocional realizado nas etapas de infantil, primaria e os primeiros cursos da etapa de ESO, o programa de radio escolar, as actividades formativas ou as saídas realizadas, entre outros aspectos e, sentáronse as bases da colaboración cara o curso escolar. A esta reunión co profesorado sumarase tamén a valoración das familias e do alumnado, obtida por medio de reunións con estes colectivos. 








jueves, 15 de junio de 2023

ACTIVIDADES PARA O DÍA DA INFANCIA 2023




Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2023!
 
Con motivo da conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia mediante a Plataforma de Infancia estatal e co apoio da Xunta de Galicia, organiza un proceso participativo para nenos, nenas e adolescentes para a formación, toma de conciencia e divulgación dos seus dereitos recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno. 

Este ano, baixo o lema "INFANCIA E POBREZA", intégrase como acción a desenvolver en relación á promoción de iniciativas para a loita contra a pobreza infantil e a exclusión social, co obxectivo de coñecer a visión das mozas e mozos sobre o impacto da pobreza e a desigualdade. Como noutros anos, plantéxase que as súas opinión e propostas poidan ser tidas en conta no desenvolvemento de políticas públicas. As actividades divídense por grupos de idade: 6-8, 9-12 e 13-17 




VISITA AO TEATRO: A CAZOLA DE LOLA

 Este curso o alumnado de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria acudiu ao Teatro de Narón á función de monicreques: A Cazola de Lola. Nesta función, o alumnado aprendeu moitos valores, entre os que destaca que cada un de nós temos aspectos que nos fan ser únicos, e iso, é algo que nos enriquece como sociedade. Aceptar, valorar e integrar a todas as persoas son os piares fundamentais dunha cidadanía global.









CONTACONTOS DONAS DE SI: ÁNGELES ALVARIÑO

Dende o noso centro estase a dinamizar o Proxecta: Donas de Sí. No aveiro do programa, acudiron hoxe ao noso centro Quique e Tania, escritor e ilustradora de moitos libros ilustrados, para facer un contacontos sobre Ángeles Alvariño destinado ao alumnado de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria.

O contacontos dividiuse en dúas partes: para comezar, Quique dramatizou a vida de Ángeles facendo partícipe de xeito activo a todo o alumnado. Mentras el facía isto, Tania ía debuxando un retrato desta coñecida oceanógrafa. Na segunda parte, a ilustradora foi guiando ao noso alumnado nos pasos básicos da elaboración dun retrato.

Sen dúbida, foi un xeito diferente de aprender sobre a vida dunha gran científica, que amadriña a aula de 1º ESO dende o 8-M.








martes, 6 de junio de 2023

O CPI VIRXE DA CELA NO PARLAMENTO GALEGO: CME 2023

 Alejandra Arnoso (4º EP) e Elías Espiñera (1º ESO) representaron ao alumnado do CPI Virxe da Cela (Monfero) no acto parlamentario adicado á Campaña Mundial pola Educación que tivo lugar o martes 6 de xuño 2023 no Parlamento de Galicia (Santiago de Compostela). A coalición galega da Campaña Mundial pola Educación (CME) convidou ao noso centro a esta acción de incidencia, na que o alumnado de varios colexios galegos, achegaron as súas demandas e preguntas aos gobernantes máis implicados na defensa do dereito á Educación. A través desta experiencia o noso alumnado faremos ao noso alumnad partífices activos da sociedade como cidadanía empoderada.

     A Campaña Mundial pola Educación (CME) é unha coalición internacional formada por ONGs, sindicatos do ámbito educativo, centros educativos e movementos sociais que se mobilizan para esixir o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos Estados para garantir o acceso a unha educación de calidade. Estamos presentes en Galicia, coa participación, entre outros, da Fundación Educación e Cooperación (Educo), Ayuda en Acción, Entreculturas, Taller de Solidaridad e a Universidade de Santiago de Compostela. 



Discurso CPI Virxe Da Cela_combinado (1).Docx by veracruces on Scribd

jueves, 1 de junio de 2023

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN. CPIP VIRXE DA CELA

 Venres 2 xuño 2023

Un ano máis o noso cole organizou a Carreira Quilómetros de Solidariedade para colaborar coa ONG “Save the Children”. Desde o noso centro agradecemos a toda a comunidade educativa a súa implicación e solidariedade.

Calzar as nosas zapatillas e correr por unha causa solidaria merece a pena, porque moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode cambiar a vida das nenas e nenos máis vulnerables.

CPIP VIRXE DA CELA: CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR

 

               Carreira



               Galería de imaxes

LIMPIEZA PRAIA SANTA CRUZ (OLEIROS) CON WE-SUSTAINABILITY

O mércores 31 de maio de 2023 todo o alumnado de Educación Primaria do CPI Virxe da Cela acudiu á praia de Santa Cruz, no concello de Oleiros, para levar a cabo unha limpeza da man da asociación WeSustainability. Cando chegamos, os colaboradores da asociación explicáronnos o tipo de lixo que nos podíamos atopar, a diferenza entre as algas e os plásticos degradados, como liberar as algas do sedal de pesca e como actuar se nos atopábamos con algún  obxecto perigoso. Durante a limpeza atopamos: toallitas hixiénicas, bastoncillos de oído, cartuchos de escopeta, caixas de pitillos, cabichas, moitísimo sedal, tampóns, unha navalla, pequenos anacos de cristal, un frisbie... Un total de 11,77Kg de lixo! 

Esta foi a nosa pequena aportación para conmemorar o 8X e concienciarnos sobre a limpeza e coidado dos océanos.