jueves, 29 de septiembre de 2022

ONCITY: 39 CONCURSO ONCE

O Concurso Escolar do Grupo Social ONCE transfórmase na súa 39ª edición para sensibilizar ao alumnado sobre inclusión a través dun videoxogo accesible. Nenos e nenas viaxarán a Oncity, onde deberán superar diferentes retos que fomentan a inclusión e acadar así que todos e todas vivan nunha cidade 100% accesible. Premendo a seguinte imaxe poderás acceder á web da ONCE con toda a información detallada. 




A VOLTA AO COLE CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Cada ano 350 nenos e nenas son diagnosticados de leucemia, e 1 de cada 5 non consegue sobrevivir. A "Volta ao cole de Unoentrecienmil" é unha carreira solidaria que se organiza nos centros educativos desde fai sete anos. O seu propósito é sensibilizar e recadar fondos para lograr a cura da leucemia infantil. 

A Volta ao Cole é unha carreira que move a acción de miles de nenos e nenas que corren para conseguir que todos os/as peques enfermos de leucemia podan voltar ao cole. Cada participante recibe un dorsal e un diploma, e coa doazón apóiase a investigación desta enfermidade. Preme a seguinte imaxe para obter máis información. 



miércoles, 28 de septiembre de 2022

CONCURSO CARTEL DA PAZ

Durante máis de tres décadas os clubes de Leones de todoo mundo patrocinan un concurso de arte moi especial en escolas e agrupacións xuvenís. O lema deste ano é "Liderar con compasión". O alumnado de 1º ESO, nas materias de Relixión e Proxecto Competenciais, unirase a esta iniciativa, tratando de expresar visualmente o futuro pacífico que aportan os líderes compasivos e tratar de inspirar ao mundo a través da arte e da creatividade. 



lunes, 26 de septiembre de 2022

25N: CONCURSO DE IMAXES GRÁFICAS E PEZAS AUDIOVISUAIS

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.


Bases Concurso 25n 2022 by veracruces on Scribd

viernes, 23 de septiembre de 2022

XIX CONCURSO DE CARTAS "DILLO A QUEN MALTRATA" 2022

 

O XIX Concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" 2022, organizado polo Concello de Lalín a través da Oficina de Igualdade, ten o obxectivo de promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural, vicaria..., así coma os efectos e consecuencias da mesma. O prazo de presentación estará aberto do 24 de setembro ata o 3 de novembro.

Díptico Concurso de Cartas Xix Dillo a Quen Maltrata 2022 by veracruces on Scribd

Bases Reguladoras Premios Xix Concurso de Cartas Dillo a Quen Maltrata 2022 Concello de Lalín by veracruces on Scribd

martes, 20 de septiembre de 2022

II PREMIO GALEGO DE EPDCG


   

   A Coordinadora Galega de ONGD convoca a segunda edición do Premio Galego e Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global co propósito de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto. 

   Premiaranse experiencias educativas, proxectos e iniciativas pedagóxicas realizadas durante os dous últimos cursos escolares: 2020-2021 e/ou 2021-2022. Poderán presentarse docentes ou equipos de docentes de centros de ensino e universidades galegas de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñecidos pola Consellería de Educación. Así mesmo, poderán facelo os grupos gañadores da anterior edición deste premio, sempre que o fagan con proxectos diferentes aos xa presentados.

Bases II Premio ECG by Yolanda Castro López on Scribd

viernes, 16 de septiembre de 2022

MONFEROSOLIDARIO NA REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

 Compartimos coa comunidade educativa o artigo "I Premio de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global" publicada na Revista Galega de Educación (número 82, abril 2022) na que se inclúe a experiencia "Monferosolidario: abrindo a escola á transformación social desde a EPDCG do CPI Plurilingüe Virxe da Cela". 





Monferosolidario Revista Galega Educación 2022 by Yolanda Castro López on Scribd

RGE_82_web by veracruces on Scribd