A Coordinadora Galega de ONGD convoca a segunda edición do Premio Galego e Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global co propósito de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.
Premiaranse experiencias educativas, proxectos e iniciativas pedagóxicas realizadas durante os dous últimos cursos escolares: 2020-2021 e/ou 2021-2022. Poderán presentarse docentes ou equipos de docentes de centros de ensino e universidades galegas de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñecidos pola Consellería de Educación. Así mesmo, poderán facelo os grupos gañadores da anterior edición deste premio, sempre que o fagan con proxectos diferentes aos xa presentados.
Bases II Premio ECG by Yolanda Castro López on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario