viernes, 24 de mayo de 2019

XUNTANZA FINAL HORIZONTE 2030

"Preservar os mares e océanos é responsabilidade de tod@as: nas túas mans está o cambio". Este é o lema que resumía o noso interesante proxecto de investigación "ODS14", e que veu a luz e foi proxectado na xuntanza final do proxecto Horizonte 2030 que tivo lugar en Santiago de Compostela o venres 24 de maio de 2019. Nesta xuntanza reuníronse todos os colexios participantes este interesante proxecto que facemos en colaboración coa ONG Solidariedade Internacional Galicia





CAMPAÑA GLORR XUÑO 2019







Os rapaces e rapazas de 3º da ESO visitaron todas as aulas e estancias do noso colexio para repartir as bolsas e as circulares informativas sobre a Campaña de Recollida de Roupa que realizamos en colaboración coa ONG Glorr. Podedes traer as bolsas con roupa e calzado usado ata o mércores 5 de xuño. 




ÉXITO NA CAMPAÑA "MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS"





Informamos que no día de hoxe fixemos o reconto dos cartos recadados a través da actividade "Marcapáxinas Solidarios". Entre a venta e os donativos xuntamos 123 euros! Parabéns a todos e a todas polas vosas aportacións. Lembramos que esta actividade deseñouse para conmemorar o 10º aniversario do Proxecto School to School da FVF, e no noso colexio realizouse en colaboración coa Biblioteca Castelao e o Departamento de Plástica. 

Estes cartos, xunto cos 147 euros recadados no Rastro Solidario, serán enviados á Fundación  Vicente Ferrer, e deste xeito contribuir na construción dunha escola na India. 

miércoles, 22 de mayo de 2019

FINAIS TORNEOS INTERNOS CURSO 2018-19


Continuando cos torneos internos, organizados polo Departamento de Educación Física a través da súa profesora Mº Teresa Blanco Martínez, na hora de lecer dos Venres de 14:00 as 14:40 e durante o 2º e 3º trimestre, levamos a cabo a competición de Fútbol sala, coa participación de todo o alumnado de Secundaria, e os mesmos equipos que xa se fixeran ao principio dos torneos.
O venres 24 de maio foi a final, moi reñida,  de dito torneo, dando por finalizado as competicións deste curso, quedando as clasificacións da seguinte maneira:

1º Clasificado: EQUIPO A:
-        Rubén C.,David R.,Sonia,  Alex e Felipe.
2º Clasificado: EQUIPO F:
-        Cristian, Cristina, Rubén F., Laura e Nerea
3º Clasificado: EQUIPO C:
-    Jairo, Diego, Pablo V., Nerea.
4º Clasificado: EQUIPO E:
-          Marta, Daniela, David C., Ariadna.    

A entrega de trofeos será o último día de clase, antes da entrega de boletíns, xunto coa entrega de premios e diplomas doutras actividades feitas ao longo do ano no centro.

PARABÉNS A TODAS/OS PARTICIPANTES, E AGRADECER A VOSA PARTICIPACIÓN E COMPORTAMENTO DENDE O DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA E POR PARTE DA VOSA PROFESORA DE EDUCACIÓN FÍSIA, ESPERANDO  QUE O ANO QUE VEN, VOLTEDESS CON NOVOS FOLGOS PARA DESENVOLVER NOVAS ACTIVIDADES.

O CPI VIRXE DA CELA NO PARLAMENTO DE GALICIA. ACTOS DA CME 2019

No día de onte, unha representación do alumnado do centro estivo no Parlamento de Galicia dentro dos actos da Campaña Mundial pola Educación. Unha das alumnas do centro, Andrea Morás Naveira, fixo de portavoz e solicitoulle aos nosos representantes políticos a necesidade de fornecer nas escolas un desenvólvemo sostible, tanto local como global. Trátase de que o que facemos e aprendemos na escola sexa parte dunha realidade sostible que debemos ser de construír. Falamos de coñecemento e de respecto polo medio ambiente e falamos tamén de actitudes e valores, de intercambios e de participación e tamén de xestión efectiva no coidado medioambiental.






miércoles, 15 de mayo de 2019

DOSSIER PARA A KONAMPALLI SCHOOL (INDIA)

O curso está a piques de rematar e agora toca facer reconto de actividades para elaborar o dossier que mandaremos á Konampalli School (India). Este ano, entre outros materiais, achegaremos unha reportaxe visual do que foi a celebración do Antroido no noso colexio. Seguro que aos nenos e nenas da India vailles gostar descubrir un anaquiño da nosa cultura e do noso patrimonio inmaterial!! Moitas grazas á profesora de inglés de primaria, xa que axudou ao seu alumnado a redactar as explicacións en inglés!!!

 

jueves, 9 de mayo de 2019

AUDIOVISUAL HORIZONTE 2030

HORIZONTE 2030. CPI VIRXE DA CELA from Yolanda Castro on Vimeo.

 
 HORIZONTE 2030. CPI VIRXE DA CELA from Yolanda Castro on Vimeo.

Como produto final para o proxecto "Horizonte 2030" que estamos a realizar en colaboración coa ONG Solidariedade Internacional Galicia, o alumnado de 1º 2º e 3º da ESO do CPI Virxe da Cela lanza este documental para sensibilizar da importancia das nosas accións á hora de coidar os nosos mares e océanos (ODS 14, Axenda 2030). Este documental é froito dun exhaustivo traballo de investigación tomando como referencia un informe da FAO. 

martes, 7 de mayo de 2019

MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS PARA O 10º ANIVERSARIO "SCHOOL TO SCHOOL"


Neste curso académico 2018-2019 celébrase o 10º aniversario do programa School to School (Fundación Vicente Ferrer). O CPIP Virxe da Cela participará na recadación de fondos para construír unha nova escola na India rural a partires da creación e venta de marcapáxinas solidarios.
Do 7 ao 14 de maio de 209 teremos un stand na entrada do edificio de secundaria para a venta dos marcapáxinas, así como unha caixa para donativos.
Esta é unha actividade de Monferosolidario en colaboración coa Biblioteca Castelao, o EDLG e o Departamento de Plástica.




Estes son algúns marcapáxinas que fixeron os nosos alumnos para este fin:




CARTA DE AGRADECEMENTO DA COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL


lunes, 6 de mayo de 2019

OS NENOS DE INFANTIL MOSTRAN COMO FACER A RCP

Os nenos e nenas de Educacíón Infantil do Colexio Virxe da Cela, en Monfero, mostran o que aprenderon nas clases de Educación Física: Salvar vidas!!