jueves, 28 de marzo de 2019

CHARLAS FUTURO ACADÉMICO E PROFESIONAL

    O alumnado a medida que vai avanzando na súa escolaridade vai tomando unha serie de decisións que van deseñando o seu camiño. Unha desas decisións é a que están a piques de tomar o alumnado de 4º de ESO: Que estudar cando remate esta etapa? Onde facelo? Xa teñen claras moitas cousas, pero aínda quedan pequenas incertezas. 
     Para solventar algunhas delas o Departamento de Orientación invitou ao profesorado do IES de As Mariñas e do IES Francisco Aguiar de Betanzos para que lles contaran en primeira persoa cal é a oferta de cada un dos seus centros.




TÉCNICAS DE ESTUDO: AXUDAR AOS VOSOS/AS FILLOS/AS

Actividade organizada polo Departamento de Orientación. Para completar a formación en técnicas de estudo que no mes de febreiro comezamos co alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO, o venres 15 de marzo, Belén Sanmartín volveu ao CPI Virxe da Cela para contarlles ás familias as técnicas de estudo que traballara co alumnado. O papel das familias non é coñecer todas esas técnicas e estratexias, senón que é a de animar, acompañar e supervisar. Entre outras moitas cuestións, a pedagoga Belén Sanmartín concluíu que as familias ante o estudo dos seus fillos e fillas: 

1. Deben ser dialogantes pero non consentidoras.
2. Dicirlles exactamente o que deben facer e o que non cando lles pedimos algo.
3. Propoñer metas e esforzos realistas.
4. Delegar nos fillos e fillas a responsabilidade con respecto aos estudos.
5. Delegar tamén certas responsabilidades no fogar.
6. Promover hábitos saudables: sono, alimentación e exercicio físico, así como un ambiente de estudo adecuado.

 “Unha información que non esta organizada non se pode estudar



martes, 26 de marzo de 2019

2º OBRADOIRO HORIZONTE 2030






Martes 26 de marzo de 2019. Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. Noa, de Solidariede Internacional Galicia, visitou de novo o noso colexio para impartir este segundo obradoiro do "Proxecto Horizonte 2030", nesta ocasión centrando o seu discurso nas técnicas de investigación para a Cidadanía Global. A través dunha dunha divertida dinámica de busca de pistas, o alumnado, dividido en tres grandes grupos, descubriu diferentes técnicas para a investigación: enquisas, experimentos, grupos focais, experimentación, análise de contidos, etc. Todo isto servirá como ferramenta para a seguinte fase do proceso: lanzarnos a facer a nosa propia investigación, que por maioría absoluta decidimos que estará centrada no Obxectivo do Desenvolvemento Sostible nº 14: Vida Submarina


jueves, 21 de marzo de 2019

FRIDAYS FOR FUTURE




    Este movemento o comezou a moza activista sueca Greta Thunberg, de 15 anos, que fai meses emprendeu a súa cruzada persoal contra este problema mediambiental manifestándose cada venres ante o parlamento do seu país e levando logo a súa protesta ás Nacións Unidas durante a COP24, a conferencia de Katowice, gravando unha mensaxe nas redes sociais explicando que “o cambio climático é un asunto moi importante e ninguén está facendo nada”. Chamou á mocidade de todo o mundo a unirse á súa causa: “nunca eres demasiado insignificante para marcar a diferenza, e si soamente algúns nenos/as con capaces de acaparar titulares en todo o mundo polo feito de non ir á escola, imaxinemos o que poderíamos conseguir si realmente quixéramos”. 
    O pasado 15 de marzo máis de 100.000 mozos e mozas no mundo fixeron unha folga manifestándose para esixir aos gobernos que actúen contra o cambio climático e concienciando á cidadania mundial sobre a situación límite que vive o noso planeta debido á polución, a subida extrema de temperaturas, ao desxeo ou á desaparición de especies.


viernes, 15 de marzo de 2019

CAMPAÑA SENSIBILIZACIÓN RASTRO SOLIDARIO 2019

Hoxe, venres 15 de marzo de 2019, o alumnado de 4º de educación primaria levou a cabo a campaña de sensibilización para o Rastro Solidario 2019. Estes nenos e nenas percorreron as aulas da nosa escola pedindo colaboración a todos os seus compañeiros/as e repartindo as circulares informativas para as familias. Nas vindeiras semanas xa podemos ir traendo os obxectos que se venderán no rastro. Este ano a data de celebración do XI Rastro Solidario será o venres 12 de abril de 2019. Lembramos que esta actividade está vinculada coa Operación Quilo, xa que en lugar de utilizar cartos para comprar os obxectos, empregaremos alimentos. Todo o que se recaude será entregado, un ano máis, á Cociña Económica de Ferrol. 






jueves, 14 de marzo de 2019

ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE MEDIACIÓN

     Martes 12 de marzo de 2019. Abel (monitor do curso), Maica (traballadora social do Concello de Monfero), Magú (orientadora). Entrega de diplomas ao alumnado de 2º de ESO participante no Curso de Formación en Mediación Entre Iguais.
      O día 6 de novembro de 2018 presentamos o proxecto de mediación ao alumnado de 2º de ESO… que rápido pasa o tempo!! Despois de case cinco meses facemos a entrega dos diplomas ao alumnado que voluntariamente quixo participar: Ariadna Díaz Tondo Marta Fernández Sanjúan Hugo Lucía Romero Daniel Pena Bonome Felipe Rey Castro Rubén Rodríguez Fernández Cristina Vázquez Varela.
    Ademais de Abel (animador sociocultoral) e Magú (orientadora) achegóuse ao noso cole para realizar esta entrega, Maica (Traballadora Social do concello de Monfero) e, aproveitando a súa presencia pedímoslle que un día que teña tempo veña de novo a explicarnos cales son as funcións dunha traballadora social e, se pode ser, tamén dun educador ou educadora social.
    Pero isto non acaba aquí! Os días 26 e 27 de abril, Hugo e Marta, en representación dos mediadores poderán participar nos VII Encontros de centros para unha convivencia positiva: un mar de redes, que se celebra no IES Mestre Landín de Marín, onde poderán compartir experiencias con outros mediadores e mediadoras, así como mellorar a súa formación.















jueves, 7 de marzo de 2019

A ESCOLA INCLUSIVA

O 26 de febreiro, dentro da escola de familias, organizamos unha charla co título: “A escola inclusiva: vivindo co síndrome de Asperger”, impartida por unha psicóloga de ASPERGA. Asociación Galega de Asperger. "Educación inclusiva é calidade, atender a cada estudante conforme ás súas necesidades. Quen marca os parámetros de normalidade nos que todxs teñen que encaixar? Se cadra eu non teño discapacidade pero teño outras necesidades, se cadra necesito máis tempo para estudar un texto ou necesito outra forma de avaliar... A inclusión favorece a todas as persoas." Marta Medina.


martes, 5 de marzo de 2019

PREPARÁMONOS PARA O 8 DE MARZO





Alumnado de 2º ESO, na materia de "Igualdade", elaboran o cartel para o 8M



Marta Novo, encargada da Biblioteca Castelao, e Teresa Blanco, profesora da materia "Igualdade", posan diante do cartel e stand adicado ao Día Da Muller, 8 de Marzo.