O CPI Virxe da Cela leva anos loitando pola construción dun mundo mellor. Son tempos difíciles para todas aquelas persoas que viven lugares rodeados de conflitos bélicos e violencia, e queremos cun pequeno xesto, que unido ao de outros tantos colectivos farán unha montaña, enviar unha mensaxe de paz. Todos os centros inscritos na Rede de Escolas de Galicia gravaremos unha parte da canción "Trip to the light" (Viaxe á luz ), poñendo debaixo o nome do centro e o lugar. Toda a letra é axeitada para traballar sobre os refuxiados, os que foxen da guerra ou da pobreza, para vivir nun mundo mellor. Asemade tamén sería unha para traballar xuntos os diversos centros da rede. Animádesvos???
Animar animáronse os rapaces e rapazas do noso cole, e o resultado podedes atopalo nestes divertidos vídeos onde bailan ao ritmo da canción Trip to the light, un pequeno xesto lanzado para construír un futuro en mellores condicións.
O
primeiro paso deste proxecto foi que a nosa profesora de Educación para a
Cidadanía nos informara desta campaña simbólica de Amnistía Internacional, que consistía
na realización de barquiños de papel co logo “SOS EUROPE” para simbolizar e honrar a tantas persoas que
quedan atrapadas polo mar fuxindo dunha vida, se é que se pode chamar así, e
intentando salvar a das súas familias que alí quedan.
Inmediatamente
collemos dous barquiños e a cámara e fomos explicándoo
polas clases de todo o colexio. Xa no primeiro recreo notamos unha gran
colaboración, e así nos seguintes, de forma que enchemos a parede que vai dar á
biblioteca. Posteriormente infantil, que non ía quedar, trouxo os seus
barquiños. Unha clase traía un bob esponxa ca cara do alumno na vela do
barquiño, e a outra na vela traía un pirata, tamén ca cara do alumno.
Nesta
clase de proxectos, ensinas, pero tamén aprendes, con isto quero dicir que facer isto faite pensar. Cando ía de camiño as
clases a explicar, pensaba: Pero que é desta xente que se ve obrigada a abandonar
a súa familia e a súa vida para salvala?... se me vexo nesa situación eu...?.
En fin, é duro e á vez entristecedor ver isto, e penso que os debemos
axudar “á nosa escala”.
Sergio
García Coira (2º ESO)
El pasado domingo murieron ahogadas 800 personas en el mar cerca de Libia, que se unen a las 200 que murieron en Rodas poco después. La semana pasada también murieron unas 400 personas ahogadas en el Mediterráneo. Estas tragedias son terribles, pero evitables. De momento son 1700 muertos en lo que va de 2015.
Estamos seguros de que os indignan mucho las muertes y la respuesta que están teniendo los gobiernos europeos a esta terrible situación.
Por ello, os planteamos que durante estos días elaboréis barcos de papel (con periódicos o papeles de colores) en los que aparezcan los mensajes 'primero las personas, luego las fronteras' y/o SOS Europe, junto con mensajes de solidaridad para estas personas.
Queremos ver más barcos para proteger a la gente, y menos vallas para proteger fronteras.
El reto está en conseguir el mayor número posible de barcos de papel y colocarlos en algún espacio visible del centro (pasillo, patio, etc). En las zonas costeras, sugerimos si existe la posibilidad hacer la actividad cerca del mar.
HACED FOTOS O VÍDEOS y enviádnoslos, nos serán muy útiles para darles difusión. Hacednos llegar las fotos a redescuelas@es.amnesty.org.
Si la acción de los barcos presenta dificultades, os sugerimos formar con velas o personas las palabras SOS Europe en algún espacio común, y realizar una foto aérea que nos podáis mandar. ¡Sed creativos!
Os sugerimos completar la acción con una petición de firmas al Gobierno en la q pedimos que se refuercen las operaciones de búsqueda y salvamento inmediatamente (podéis descargar modelo en la columna de la derecha). AMNISTÍA INTERNACIONAL
Ás veces a lexislación é un dos factores que determinan o grado de violencia que está "permitida" nos diferentes paises. A pesares de ter unha imaxe moi avanzada dos paises nórdicos, atopámonos con contradiccións, xa que en Dinamarca as mulleres que sofren violencia sexual non están totalmente amparadas ante a lei.
A situación da infancia está en total desventaxa en algúns lugares do planeta. Tomemos por caso Haití, que ademais de ser un dos países máis pobres, a súa poboación está sometida a condicións que violan os dereitos humanos. Na illa de Haití hai millares de nenas que están sometidas á explotación sexual e laboral. Estas son as reflexións do alumnado de 1º da ESO
En algúns lugares do mundo, algunhas nenas e mozas están sometidas a traballos moi duros no fogar, incluso chegando a estar esclavizadas. Aquí están as observacións do alumnado de 1º da ESO en relación ao panel de Traballadoras Domésticas en Indonesia da exposición de Amnistía Internacional.
Estas son as propostas do alumnado de 1º da ESO en relación á exposición de Amnistía Internacional sobre os Dereitos das Mulleres. Centraranse neste apartado na formación escolar en Irak.
O martes 18 de febreiro contamos coa visita de Mª José, de Amnistía Internacional, quen impartiu ao profesorado do CPI Virxe da Cela (Monfero) unha charla centrada na violencia de xénero. Os materiais presentados son de gran axuda para os docentes, xa que a educación é a base para loitar coa desigualdade entre os xéneros, a raíz deste problema. Tras a charla iniciose un interesante debate entre os/as asistentes e a ponente. Esta charla constitúe unha actividade de formación para os/as, para poder afondar na reciente exposición "Dereitos das Mulleres", tamén de Amnistía Internacional, que albergou o noso centro recientemente. . Penduramos no blogue algúns materiais que inclúen enlaces de interese para ampliar a vosa formación:
Lembramos que este curso académico estamos a traballar os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, e esta actividade estaría enmarcada no Obxectivo nº 3, que trata de promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller
A discriminación e violencia contra as mulleres é un feito localizable en diferente grado en todos os puntos do noso planeta. Moitas veces ten moitísima máis presenza naqueles paises onde as liberdades dos individuos están sen desenvolver, pero incluso no mundo occidental e nos países democráticos as mulleres seguen sofrendo a violencia e a discriminación. Tal como amosan os paneis da exposición de Aministía Internacional que alberga o noso cole, paises tan dispares como Irán, México, Albania ou Finlandia serán escenario de historias nas que as mulleres son protagonistas, e a través dun traballo nas aulas, o alumnado de ESO do CPI Virxe da Cela unirase á denuncia de tanta inxustiza. Os traballos realizados poderedes visitalos nesta entrada, así como documentos audiovisuais que ilustren as nosas opinións.
Amnistía Internacional ofrece ao noso centro unha exposición baseada nos dereitos da mulleres, que podedes visitar nos corredores do edificio de secundaria, na zona próxima á biblioteca escolar. Para ampliar a información podedes acceder á páxina de Amnistía Internacional premendo o seguinte enlace:
O día 12 de febreiro foi o Día contra a utilización de Nenos e Nenas Soldados. Aínda que este ano colleunos esta data en plenas vacacións de Antroido, voltaremos ás aulas coa intención de traballar o tema da problemática da infancia nos conflictos bélicos. Temos á nosa disposición materiais elaborados polas ONGS Entreculturas e Amnistía Internacional, unhas propostas para desenvolver cos rapaces e rapazas de secundaria do CPI Virxe da Cela. Trataremos de sensibilizalos, conciencialos e aportaremos as nosas ideas para combater este grande problema que está a afectar a tantos nenos e nenas en diferentes lugares do mundo. Estímase que existen no mundo preto 300.000 menores soldados. Por iso, nesta importante data, reivindicamos a fin da vulneración dos dereitos que implica a utilización de nenos e nenas en conflitos armados.
A ONG Entreculturas pon o seu foco na dramática realidade dos nenos e nenas soldados e a situación de emerxencia que se está a vivir na República Democrática do Congo. O pasado mes de novembro endureceuse o conflito interno neste país. A presión e violencia por parte do Movemento 23 de marzo (M23) produciu o desprazamento de máis de 200.000 persoas e provocou o peche de máis de 600 escolas na rexión de Kivu. Isto non fai máis que afondar no drama do Congo, envolto no conflito máis cruento do mundo –máis de cinco millóns de persoas xa perderon a vida nel– dende hai décadas e esquecido pola maior parte da comunidade internacional. Neste conflito, ademais, miles de nenas e nenos están a ser reclutados e usados como soldados.
Na dinámica para secundaria deseñada por Entreculturas, os rapaces e rapazas de Monfero convertiranse nun grupo de xornalistas que queren facer unha reportaxe sobre o conflito da República Democrática do Congo e da realidade dos menores soldados. A partir dunhas cartas que relatan unha viaxe ao país, poderán documentarse sobre a historia da RD Congo, a realidade dos menores soldados e profundar na vulneración dos dereitos que supón esta situación y así elaborar o seu artigo.
Penduramos tamén a curtametraxe de ficción "Aquel non era eu", nominado aos Premios Goya 2013, que seguro nos ma moito que pensar...